PETRÓGLIFO DE O COTO
SANTA CRUZ DE ARRABALDO
OURENSE
Petróglifo con gravuras de cinco combinacións de círculos concéntricos (dous deles superpostos), círculos simples, un estraño motivo de forma rectangular dividido en catro partes por dúas liñas perpendiculares que se cruzan na parte central, sucos de saída en varias combinacións e multitude de coviñas distribuídas por toda a zona frontal da laxe, moitos deles sobre as propias combinacións de círculos.
Esta superposición de motivos leva a deducir que os motivos foron feitos en varios períodos.
Cabe subliñar, pola súa singularidade, que as dúas combinacións de círculos concéntricos de maior tamaño, con catro e cinco círculos na parte central e superior da laxe respectivamente, presentan o último círculo de maior anchura recheo con liñas radiais que confiren unha gran plasticidade ós deseños.
O petróglifo foi localizado durante as obras da autovía AP-53.
Arrabaldo
Santa Cruz de Arrabaldo é unha parroquia do concello de Ourense que está situada a 10 quilómetros da cidade e conta cunha extensión de 4,88 km².
Segundo o padrón municipal en 2005 tiña 642 habitante (303 homes e 339).
Patrimonio
Destaca a Igrexa de Santa Cruz do Arrabaldo, de fábrica románica e que foi refeita no século XVI. Conserva restos da armazón mudéxar e algúns restos de pinturas murais.
Entre 1836 e 1943 pertenceu ao Concello de Canedo. Nesta parroquia atópase unha das maiores fábricas de produción da empresa ourensá Coren.
Festas
As festas patronais teñen lugar o 1 de maio.
Lugares de Arrabaldo
A Agrela, O Albaredo, Alén, O Areal, Arrabaldo, Os Beleiros, Calvelos, Os Campos, Carruceiro, Casar do Mato, Os Casares, O Cirro, A Cuqueira, A Estación, O Garavanzal, A Garduñeira, A Golpilleira, A Granxa, O Mesón, O Outeiro, O Palleiro, A Ponte do Val, A Porta do Prado, Santa Cruz, Sistís, O Souto do Río, A Tafona, O Val
MAPA
Fuente: Web Patrimonio Galego
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901