ESTACIÓN DA ESCRAVITUDE
A ESCRAVITUDE
PADRÓN
Estación da Escravitude
A Escravitude é unha estación de tren de Adif, situada no lugar da Escravitude, no concello de Padrón, provincia da Coruña.
Non ten servizos dende que entrou en servizo o eixe atlántico de alta velocidade.
Na nova liña e preto da estación da Escravitude construíuse a nova estación de Padrón-Barbanza.
Situación ferroviaria
Atópase no punto quilométrico 75,6 da liña férrea de ancho ibérico que une Redondela con Santiago de Compostela a 31 metros de altitude, entre as estacións de Padrón e de Osebe.
Historia
Foi en 1863 cando se creou a sociedade do Ferrocarril Compostelán da Infanta Dona Isabel co propósito de unir Santiago de Compostela con Carril.
Esta sociedade foi vendida en 1866 á The West Galicia Railway Company Limited, compañía británica que foi quen puxo en marcha o mencionado tramo o 15 de setembro de 1873 tras once anos de traballo abrindo con iso a estación da Escravitude.
O 9 de setembro de 1928, MZOV fíxose co control de The West Galicia Railway Company Limited.
Con todo esta situación só durou un ano tras ser absorbida a primeira pola Compañía Nacional dos Ferrocarrís do Oeste. En 1941,
Oeste foi nacionalizada e integrada na recentemente creada Renfe quen xestionou a estación ata a separación de Renfe en Adif e Renfe Operadora o 31 de decembro de 2004.
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901