lunes, 9 de enero de 2023

IGREXA DE SANTA MARÍA DE BEADE - SANTA MARÍA DE BEADE - BEADE

 IGREXA DE SANTA MARÍA DE BEADE

SANTA MARÍA DE BEADE

BEADE

     Do seu antigo esplendor, mantense neste pequeno municipio, o considerado por Otero Pedraio, como un dos máis belos conxuntos arquitectónicos da comarca, destacando tamén dentro del, esta relevante IGREXA DE SANTA MARÍA, que pola súa construción e localización, algúns autores sinálana como a máis maxestuosa do Ribeiro.

Santa María de Beade
     Santa María de Beade é unha parroquia do concello de Beade, na provincia de Ourense. 

     Segundo o IGE en 2010 tiña 448 habitantes (230 homes e 218 mulleres), 87 menos ca no ano 2000.

     Ten unha única entidade de poboación, capital do concello ao que dá nome.

Beade
     Beade é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Ribeiro, un dos máis pequenos en extensión e menos poboados de Galicia.

     Segundo o IGE en 2016 tiña 427 habitantes. O seu xentilicio é beadés.

Historia
      Na Idade Media a freguesía de Beade (que abranguía as parroquias de Abelenda (Avión), Beiro, Faramontaos, Muimenta (Carballeda de Avia), Orega, Berán (Leiro) e As Regadas), pertencía á Orde de San Xoán de Xerusalén, que exercía señorío a través dunha encomenda.

     A Encomenda de Beade, que chegou a pertencer ao priorado de Castela, era no século XVIII a máis importante de Galiza xunto coa de Quiroga.

     A súa influencia aumentou nese mesmo século ao absorber a Encomenda de Pazos de Arenteiro, que pertencera á Orde do Temple, incorporando ás súas posesións o propio Pazos de Arenteiro, Albarellos Astureses (Boborás), Cusanca, Dadín, Parada de Labiote e Reádigos (O Irixo).

     En 1809, durante a Guerra da Independencia Española a zona foi saqueada polos franceses. En 1823 sufriu outro saqueo, a mans dos realistas contrarios ós liberais desta zona.

     En xullo de 1836 a parroquia de Beade foi atacada por tropas carlistas baixo as ordes de Guillade e Pobadura, pero a agresión foi repelida coa axuda dos veciños das Regadas e Cenlle.

     A mañá do 7 de outubro de 2013, a casa consistorial do Concello de Beade foi obxecto dun atentado que causou graves danos materiais, pero que non causou danos persoais.

Parroquias de Beade    
     Beade (Santa María), As Regadas (San Amaro)

MAPA 

 

Fuente: Web O Ribeiro Carballiño

XOAN ARCO DA VELLA  

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901