martes, 3 de enero de 2023

ESTACIÓN BANDEIRA - ABADES - SILLEDA

ESTACIÓN DE BANDEIRA

ABADES

SILLEDA

Estación da Bandeira

      Bandeira é unha estación de tren de Adif, situada na parroquia de Abades, no concello de Silleda, provincia de Pontevedra. Leva o nome do veciño núcleo urbano da Bandeira, na parroquia de Manduas.

     Conta con servizos de media distancia operados por Renfe.

Situación ferroviaria

     A estación atópase no punto quilométrico 342,762 da liña férrea de ancho convencional que une Zamora coa Coruña, a 260 metros de altitude, entre as estacións da Ponte Taboada e Vedra-Ribadulla. O tramo é de vía única e está sen electrificar.

Historia
     A estación foi inaugurada o 8 de setembro de 1958 coa posta en marcha do tramo O Carballiño - Santiago de Compostela da liña férrea que tiña como obxectivo unir Zamora coa Coruña.

     A súa explotación inicial quedou a cargo de Renfe, que nacera en 1941.

      Desde o 31 de decembro de 2004, Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é o titular das instalacións ferroviarias.

       O edificio de viaxeiros, construído en pedra, está formado por un corpo central de dous pisos ao que se anexan dous bloques laterais dunha altura practicamente similar. 

       Unha galería de tres arcos adorna o segundo piso da fachada principal. Conta con dúas plataformas laterais aos que acceden dúas vías.

     Os cambios de plataforma realízanse a nivel. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901