domingo, 15 de enero de 2023

TORRE DE BELÉN - LISBOA

TORRE DE BELÉM

LISBOA

Torre de Belém
     A Torre de Belém  é un dos monumentos máis expresivos da cidade de Lisboa. 

     Localízase na marxe dereita do río Texo, onde existiu outrora a praia de Belén.

     Inicialmente cercada polas augas en todo o seu perímetro, progresivamente foi envolvida pola praia, ata se incorporar hoxe á terra firme.

     Clasificada como Patrimonio Mundial pola UNESCO, o 7 de xullo de 2007 foi elixida como unha das Sete marabillas de Portugal.

Historia
     Orixinalmente baixo a invocación de San Vicente de Saragoça, patrón da cidade de Lisboa, designada no século XVI polo nome de Baluarte de san Vicente a par de Belén e por Baluarte do Restelo, esta fortificación integraba o plano defensivo da barra do río Texo proxectado á época de Xoán II (1481-1495), integrado na marxe dereita do río polo Baluarte de Cascais e, na esquerda, polo Baluarte da Caparica.

     O cronista García de Resende foi o autor do seu risco inicial, tendo rexistrado:
    E assim mandou fazer então a (...) torre e baluarte de Caparica, defronte de Belém, em que estava muita e grande artilharia; e tinha ordenado de fazer uma forte fortaleza onde ora está a formosa torre de Belém, que el-Rei D. Manuel, que santa glória haja, mandou fazer; para que a fortaleza de uma parte e a torre da outra tolhessem a entrada do rio. A qual fortaleza eu por seu mandado debuxei, e com ele ordenei a súa vontade; e tinha já dada a capitania dela [a] Álvaro da Cunha, seu estribeiro-mor, e pessoa de que muito confiava; e porque el-Rei João faleceu, não houve tempo para se fazer

     A estrutura comezaría a edificarse en 1514, baixo o reinado de Manuel I (1495-1521), tendo como arquitecto Francisco de Arruda. Localizábase sobre un afloramento rochoso nas augas do río, fronteiro á antiga praia de Belén, e destinábase a substituír a antiga nao artillada, ancorada naquel lugar, de onde partían as frotas para as indias.

      As súas obras ficaron a cargo de Diogo Boitaca, que nesa época tamén dirixía as xa adiantadas obras do veciño Mosteiro dos Xerónimos.

     Concluída en 1520, foi o seu primeiro alcaide Gaspar de Paiva, nomeado para a función ao ano seguinte.

     Coa evolución dos medios de ataque e defensa, a estrutura foi, gradualmente, perdendo a súa función defensiva orixinal. Ao longo dos séculos utilizouse como rexistro aduaneiro, posto de sinalización telegráfico, e farol. As súas polvoreiras foron usadas como alxubes para presos políticos durante o reinado de Filipe I (1580-98), e, máis tarde, por Xoán IV (1640-1656).

     O Arcebispo de Braga e Primado das Españas, Sebastião de Matos de Noronha (1636-1641), por coalición con España e facendo fronte a Xoán IV, foi preso e mandado recluso para a Torre de Belén.

     Sufriu varias reformas ao longo dos séculos, principalmente a do século XVIII que privilexiou as ameas, o varandín do baluarte, e o recanto da Virxe cara ao río e o claustro.

     Clasificada como Monumento Nacional por Decreto do 10 de xaneiro de 1907, foi declarada pola UNESCO como Patrimonio Cultural de toda a Humanidade no 1983.

Características
     O monumento reflicte influencias islámicas e orientais, que caracterizan o estilo manuelino e marca o fin da tradición medieval das torres da homenaxe, ensaiando un dos primeiros baluartes para artillaría en Portugal.

     Parte da súa beleza reside na decoración exterior, adornada con cordas e nós esculpidas en pedra, galerías abertas, torres de vixía no estilo mourisco e ameas en forma de escudos decoradas con esferas armilares, a cruz da Orde de Cristo e elementos naturalistas, como un rinoceronte, alusivos ás navegacións. O interior gótico, por baixo da azotea, que serviu como armaría e prisión, é moi austero.

     A súa estrutura componse de dous elementos principais: a torre e o baluarte. Nos ángulos da plataforma da torre e do baluarte, sobresaen garitas cilíndricas coroadas por cúpulas de gomos, ricamente decorada en cantaría de pedra.

     A torre cuadrangular, de tradición medieval, érguese con cinco andares por riba do baluarte, a saber:
    Primeiro andar - Sala do Gobernador.
    Segundo andar - Sala dos Reis, con teito elíptico e fogón ornamentado con medias-esferas.
    Terceiro andar - Sala de Audiencias.
    Cuarto andar - Capela.
    Quinto andar - Plataforma da torre.

     A nave do baluarte poligonal, ventilada por un claustrín, abre 16 cañoneiras para tiro rasante de artillaría. 

     O terraplén, gornecido por ameas, constitúe unha segunda liña de lume, nel atópase o santuario da "Nossa Senhora do Bom Sucesso" co Neno, tamén coñecida como a Virxe do Restelo.  

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901