domingo, 27 de junio de 2021

PONTELLA DA TAPADA DOS FRADES - SAN ESTEVO DE RIBAS DE SIL - REGATO DE SAN MIGUEL - NOGUEIRA DE RAMUÍN

 PONTELLA DA TAPADA DOS FRADES

REGATO DE SAN MIGUEL

SANTO ESTEVO DE RIBAS DE SIL

NOGUEIRA DE RAMUÍN

Santo Estevo de Ribas de Sil
     Santo Estevo de Ribas de Sil é unha parroquia do concello ourensán de Nogueira de Ramuín na comarca de Ourense. 

     No ano 2007 tiña 107 habitantes (55 homes e 52 mulleres) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 8 habitantes en relación ao ano 2000.

Patrimonio
    Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil.

Lugares de Santo Estevo de Ribas de Sil
     Acevedo, Biduedo, Os Cousos, Paradela, Pombar, Santo Estevo de Ribas de Sil

Nogueira de Ramuín
     Nogueira de Ramuín é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Ourense e á Ribeira Sacra. 

     Segundo o padrón municipal, en 2017 tiña 2.033 habitantes (2.565 en 2003).


Xeografía
     O concello, de 98,3 km², abrangue trece parroquias. Está situado ao norte da provincia de Ourense, e limita ao norte cos concellos de Carballedo, Pantón, Sober, ao sur con Esgos e Xunqueira de Espadanedo, ao leste con Parada de Sil e ao oeste con Coles, A Peroxa e Pereiro de Aguiar.

     Sitúase á beira da confluencia do río Miño co Sil, incluíndo tamén o val superior do río Loña. Cara ao sur está a depresión de Ourense, nas abas de Cabeza de Meda (1320 m).

     Está comunicada a través da estrada OU-546 (Ourense - Monforte de Lemos) e da OU-536 (Ourense - Ponferrada).

Historia
     Consérvanse restos do megalítico, as mámoas de Moura e de Lamagorzos. Do románico son o mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil e as igrexas de San Martiño de Nogueira e San Cristovo de Armariz.

     Existen petos de ánimas en San Miguel do Campo, Eiradela, Pacios e Liñares.


Patrimonio
    Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil.


Parroquias de Nogueira de Ramuín    
     Armariz (San Cristovo), A Carballeira (San Xosé), Cerreda (Santiago), Faramontaos (Santa María), Loña do Monte (San Salvador), Moura (San Xoán), Nogueira de Ramuín (San Martiño), San Miguel do Campo (San Miguel), Santa Cruz de Rubiacós (Santa Cruz), Santo Estevo de Ribas de Sil (Santo Estevo), Vilar de Cerreda (Santa Baia), Viñoás (Santa María)


Comarca de Ourense
     A comarca de Ourense é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Ourense.

     Pertencen a esta comarca os concellos de Amoeiro, Barbadás, Coles, Esgos, Nogueira de Ramuín, Ourense, O Pereiro de Aguiar, A Peroxa, San Cibrao das Viñas, Taboadela, Toén e Vilamarín.

     Limita ao norte coa comarca de Chantada (Lugo), ao nordeste coa comarca da Terra de Lemos (Lugo) e comarca da Terra de Caldelas, ao leste e sueste coa de Allariz-Maceda, ao sur coa de Celanova e ao oeste coas do Ribeiro e Carballiño. 

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901