sábado, 19 de junio de 2021

MUIÑO NA BOUTUREIRA "DOUS" - SOUTOPENEDO - SAN CIBRAO DAS VIÑAS

 MUIÑO NA BOUTUREIRA "DOUS"

RÍO BARBADAS

SOUTOPENEDO

SAN CIBRAO DAS VIÑAS

   Ruta da Boutureira    
     Esta ruta de senderismo comeza na Boutureira que é un fermoso paraxe natural a beiras do río Barbadás composto por unha presa, un muiño de auga e unha ponte de madeira.

     O muiño data do ano 1889 e foi restaurado no ano 2006.

     Na parte inferior pódese ver os rodicios, e o arco, onde se lle dá saída a auga ao leito do río e na parte superior, podemos ver a sala de molr, que é onde se albergan os mecanismos de moido.

     O percorrido  desde a marxe esquerda do río á beira do muiño. Na metade da ruta atopámonos cun camiño que nos leva á capela de San Roque, que é de estilo neoclásico do século XIX.

     Continuamos camiñando ata o lugar de Outeiro Calvo, que é unha fermosa aldea tradicional de Galicia, e continuamos por unha pista forestal ata chegar de novo o sitio de partida.

Soutopenedo
     San Miguel de Soutopenedo é unha parroquia do concello ourensán de San Cibrao das Viñas na comarca de Ourense.


     No ano 2007 tiña 662 habitantes (340 homes e 322 mulleres) distribuídos en 16 entidades de poboación, o que supón un aumento de 41 habitantes en relación ao ano 2000.

Lugares de Soutopenedo
     O Carballo, A Eirexa, Os Facheiros, A Laxe, Montelongo de Abaixo, Montelongo de Arriba, Outeiro Calvo, O Outeiro, Pazos, Penedo, O Prado, O Rego, A Serra, A Torre, A Venda, Vilanova


San Cibrao das Viñas
    San Cibrao das Viñas é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca de Ourense.

     Segundo o IGE en 2015 tiña 5.036 habitantes (3.840 en 2003). O seu xentilicio é «cibrense».

Xeografía
     O concello, de 37,4 km², sitúase no noroeste da provincia de Ourense. 

     Limita ao norte con Ourense e Pereiro de Aguiar, ao leste con Paderne de Allariz, ao oeste con Barbadás e ao sur coa Merca e Taboadela.

     As principais vías de comunicación son a estrada N-525 (Benavente - Santiago de Compostela), a estrada N-540 (Ourense - Maceda), a estrada N-120 (Vigo - Logroño), e a autovía A-52.


Parroquias de San Cibrao das Viñas
     Gargantós (Santa Comba), Noalla (San Salvador), Pazos de San Clodio (San Clodio), Rante (Santo André), San Cibrao das Viñas (Santo Ildefonso), Santa Cruz da Rabeda (Santa Cruz), Soutopenedo (San Miguel)

MAPA 

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901