jueves, 17 de junio de 2021

IGREXA DE SANTA MARÍA DE SANGUIÑEDO - SANGUIÑEDO - DOZÓN

IGREXA DE SANTA MARÍA

SANGUIÑEDO

DOZÓN

 Sanguiñedo
     Santa María de Sanguiñedo é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Dozón.

     Segundo o IGE en 2011 tiña 157 habitantes (81 mulleres e 76 homes), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 195 habitantes.


Lugares de Sanguiñedo

     As Bouzas, Cardoufe, O Eirelo, Sanguiñedo, Santo Domingo, Seixas, O Zudreiro 

Dozón
     Dozón é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Deza. Segundo o IGE en 2015 tiña 1174 habitantes.

Xeografía
     O concello está situado no nordeste da provincia de Pontevedra. Limita ao noroeste con Lalín, ao nordeste con Rodeiro, e ao sur co Irixo e Piñor (provincia de Ourense). Con 75 km², é o municipio máis pequeno da comarca do Deza. Ten 8 parroquias e 54 aldeas, sendo a capital O Castro.

     Está situado nas terras altas do val do río Deza, na vertente Oeste da Dorsal Occidental Galega, nos contrafortes das serras do Faro e dos montes do Testeiro, a altitude media é superior os 740 m. O teito do concello constitúeo a Pena de Francia, de 914 m. Tamén destacan os montes Cubelos (833 m) e A Gándara (870 m), estas elevacións forman a divisoria das augas das concas do Miño e do Ulla, e e Coto da Lebre (770 m).

     Neses montes nacen diversos ríos e regatos, que conforman unha extensa rede fluvial. O río Asneiro, tamén chamado Dozón, nace nas proximidades da Pena de Francia. Dá nome á zona, e é popularmente coñecido coma Deza debido a un erro ortográfico na cartografía do século XIX.


Patrimonio
     A vila do Castro aséntase sobre un dos moitos castros fundados na idade de Bronce, dos que aínda se conservan numerosas pegadas. Destacan polo seu bo estado de conservación o castro de San Breixo, en Maceiras, e o de Santa María, na parroquia de Dozón.

     Do período da romanización consérvanse as súas pontes e restos dunha calzada cara ás terras de Camba.

     A igrexa de San Pedro de Vilanova de Dozón é un templo románico do século XII. A igrexa de Santa María de Dozón ten elementos pertencentes ao barroco. Ademais das outras igrexas parroquiais, están as ermidas de San Domingos en Sanguiñedo, a de Santo Amaro e O Pilar, no Sisto, e a da Virxe da Pena de Francia.

Parroquias de Dozón    
     Bidueiros (Santa María), O Castro (San Salvador), Dozón (Santa María), As Maceiras (San Remixio), Saa (Santiago), Sanguiñedo (Santa María). O Sisto (San Xoán), Vilarello (Santo André)


Comarca de Deza
     A comarca de Deza é unha comarca da provincia de Pontevedra e a súa capital é Lalín. Pertencen a ela os concellos de Agolada, Dozón, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces. A súa poboación é de máis de 40.000 habitantes. 

     O Deza coincide coa antiga comarca de País do Deza, isto é, as xurisdicións de Deza, Camba, Dozón, Trasdeza, Carbia e Valquireza.

Situación
      A comarca de Deza ven coincidir co centro xeográfico de Galicia. Limita ao norte coas comarcas de Santiago, Arzúa e Terra de Melide, ao sur coa do Carballiño, ao leste coas de Ulloa e Chantada e ao oeste con Tabeirós-Terra de Montes.

MAPA 

  

SIGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901