domingo, 27 de junio de 2021

PASOS DO REGATO DE PIÑEIRA - PIÑEIRA - BURGO - CASTRO CALDELAS

 PASOS EN PIÑEIRA

REGATO DE PIÑEIRA

PIÑEIRA

BURGO

CASTRO CALDELAS


Piñeira
     Piñeira é un lugar da parroquia do Burgo no concello ourensán de Castro Caldelas na comarca da Terra de Caldelas. 

     Estaba deshabitado no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE. Tamén o estaba en 2010.



Lugares do Burgo
     O Burgo, Cacidrón, Piñeira, San Pedro


O Burgo
     San Pedro do Burgo é unha parroquia do concello de Castro Caldelas na comarca da Terra de Caldelas, na provincia de Ourense.

     No ano 2007 tiña 57 habitantes (28 homes e 29 mulleres), os mesmos ca no ano


Castro Caldelas
     Castro Caldelas (do latín aquas calidas, 'augas cálidas, termais') é un concello da provincia de Ourense, capital da comarca da Terra de Caldelas.

     Segundo o padrón municipal en 2019 tiña 1.224 habitantes. O seu xentilicio é «caldelao».

     Ten 16 parroquias e 86 entidades de poboación, e forma parte da Ribeira Sacra.


     Está situado no derramo setentrional do gran nó orográfico formado polas serras de San Mamede e Queixa no macizo Central Ourensán.

Xeografía
     Está situado no derramo setentrional do nó orográfico formado polas serras de San Mamede e Queixa, dentro da área denominada Ribeira Sacra.

     O río Sil constitúe a fronteira natural coa provincia de Lugo mentres o río Edo, afluente do Sil, baña a metade occidental do municipio. O punto máis elevado é o de Pena da Cruz (1289 m).

     O terreo caracterízase pola alternancia de bosques de carballos e castiñeiros, sobre todo ó norte. As terras adicadas ó cultivo son escasas, abundando os prados. O chan produtivo representa só unha cuarta parte, grazas ó predominio de pendente e solo rochoso.


 Parroquias de Castro Caldelas     
     Alais (San Pedro), O Burgo (San Pedro), Camba (San Xoán), Castro Caldelas (San Sebastián), Folgoso (Santiago), Mazaira (Santa María), Paradela (San Vicenzo), Pedrouzos (San Mamede), Poboeiros (San Xoán), San Paio de Abeleda (San Paio), Santa Tegra de Abeleda (Santa Tegra), Sas de Penelas (San Fiz), Trabazos (Santa Olaia), Tronceda (Santiago) , Vilamaior de Caldelas (Santa María), Vimieiro (San Xoán)


Comarca da Terra de Caldelas
     A comarca da Terra de Caldelas é unha comarca galega situada no norte da provincia de Ourense. Pertencen a ela os concellos de Castro Caldelas, Montederramo, Parada de Sil e A Teixeira. 

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901