lunes, 21 de junio de 2021

PONTELLA DA BARCIA - RÍO VIÑAO - A BARCIA - READIGOS - O IRIXO

 PONTELLA DA BARCIA

RÍO VIÑAO

A BARCIA

READIGOS

Barcia
     Barcia é un lugar da parroquia de Reádigos no concello ourensán do Irixo na comarca do Carballiño.

      Tiña 2 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, que eran mulleres. 

 Reádigos
     Santa Baia de Reádigos é unha parroquia do concello do Irixo na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense.

      No ano 2007 tiña 31 habitantes, deles 12 eran homes e 19 eran mulleres, o que supón unha diminución de 1 habitante en relación ao ano anterior, 2006.

Lugares de Reádigos
     Barcia, O Casar, Castiñeira, Fontes, O Outeiro, Ribela, Santiso


O Irixo
     O Irixo é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Carballiño. Segundo o padrón municipal, en 2015 tiña 1.600 habitantes (2.092 en 2003).

Xeografía
     O concello, de 120 km² de superficie, abrangue 12 parroquias, e sitúase ao noroeste da provincia de Ourense. Limita ao norte cos municipios de Lalín e Dozón, ao sur cos de Boborás e O Carballiño, ao leste co de Piñor e ao oeste cos de Forcarei, Beariz e Boborás.

     Está situado ao pé da serra do Testeiro. Os solos son de granitos e xistos do precámbrico, nos que a forte erosión provocou morfoloxía aplanada. Destaca o monte do Paraño (800 m). Os bosques, matos e pastos ocupan máis do 80 % da superficie municipal. A presenza de carballos e castiñeiros nas valgadas minguou pola reforestación de piñeiros e eucaliptos, se ben os incendios forestais fixeron desaparecer moitas das plantacións, deixando en ocasións a rocha á vista. 

      Nas zonas húmidas e fluviais hai numerosos ameneiros, e nos lugares próximos ao tendido ferroviario hai acacias e mimosas, usadas para fixar os desmontes ocasionados pola construción das vías.

     Existen tamén numerosas praderías naturais de secaño, e zonas de matagueira nas que destacan o toxo, a uz e a xesta. Os solos son bastante pobres e ácidos, sendo necesarios os fertilizantes e correctores para a agricultura.


Comarca do Carballiño
     A comarca do Carballiño é unha comarca galega situada na provincia de Ourense. Toma o nome da súa vila principal.

       Pertencen a ela os concellos de San Amaro, Beariz, Boborás, O Carballiño, San Cristovo de Cea, O Irixo, Maside, Piñor e Punxín.

MAPA 

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901