PETRÓGLIFO CASA DA RAPADOIRA
O GORGOREIRO
MOSCOSO
PAZOS DE BORBÉN
Moscoso
San Paio de Moscoso é unha parroquia que se localiza no concello de Pazos de Borbén. Segundo o INE en 2011 tiña 472 habitantes (248 mulleres e 224 homes), 189 máis ca en 1999. Ten tres entidades de poboación.
Lugares de Moscoso
Fraga do Rei, O Gorgoreiro, As Lombas
Pazos de Borbén
Pazos de Borbén é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Vigo. Segundo o padrón municipal, en 2014 tiña 3.075 habitantes. O seu xentilicio é «pacense».
Xeografía
O concello, de 50 km², abrangue oito parroquias e limita cos concellos de Redondela, Fornelos de Montes, Soutomaior, Mondariz, Ponteareas e Mos.
Hidrografía
As augas do concello dan a tres concas: cara ao norte os ríos Barragán e Pequeno van dar ao Oitavén. Cara ao sur os ríos Borbén e Louro desembocan no río Miño. Cara ao oeste, o río Alvedosa desemboca en Redondela.
Orografía
O monte Galleiro (670 m) é o cumio máis elevado. Outros picos son o monte da Serra (616 m), A Pedra Quitiña (532 m) e o Outeiro do Mar (475 m).
Restos arqueolóxicos
O asentamento de culturas prehistóricas é moi evidente, dada a multitude de gravados rupestres e castros atopados na súa área xeográfica.
Atópanse en Pazos de Borbén multitude de gravados rupestres, importantes sinais de tempos antigos e testemuñas dunha historia moi remota.
Na parroquia de Amoedo son numerosos os lugares que teñen petróglifos de motivos xeométricos, como a Laxe das cruces dos Carballiños, os petróglifos de Masusán ou os de Alvedosa.
En Borbén existen gravados rupestres en Castro do Coto do Corno e tamén a coñecida Pedra das Teixiñas, que se atopa nas proximidades do parque-miradoiro do Santo Aparecido, e que posúe varios grupos de gravados. O máis significativo e se cadra o que amosa unha escena de apareamento entre dous cérvidos de gran cornamenta.
En Cepeda existen petróglifos de motivos xeométricos en Cavada de Santiago e en Valongos.
En Moscoso, na Casa da Rapadoira, no que se poden observar combinacións circulares e máis un posible pé humano. Na Laxe Escorregadoira da Lameira e no Outeiro do Mar existen cruciformes e cazoletas, pero poden ser de épocas históricas.
Natureza
Existe neste concello a ruta de sendeirismo coñecida como a senda da fraga do río Barragán PR-G164. Para comezar esta ruta hai que acceder pola estrada PO-252 (Mondariz-Moscoso), onde se atopa a parroquia de San Salvador de Xunqueiras. Desviarse no cruzamento que indica cara ao Torreiro. A 100 m atópase unha praza na que está o inicio do sendeiro.
Deseñado arredor de conca do río Barragán, o seu trazado discorre a diferentes alturas pero mantén o río como eixo central.
Outro lugar digno de mención son as "levadas", situadas en Cuartos de Borbén. As levadas eran as canles artificiais creadas polo home para poder levar a auga dos ríos desde longas distancias cara ás zonas de regadíos e mesmo para a utilización de máquinas hidráulicas como os muíños, tan abundantes en Galicia.
En Cuartos de Borbén, a senda que discorre xunto a unha antiga levada foi remodelada para crear un paseo. Esta parte desde o quilómetro 9 da PO-253, onde o río do Pozo Negro cruza esta estrada.
Parroquias de Pazos de Borbén
Amoedo (San Sadurniño), Borbén (Santiago), Cepeda (San Pedro), A Ermida (Nosa Señora da Anunciación), Moscoso (San Paio), Nespereira (San Martiño), Pazos (Santa María), Xunqueiras (San Salvador)
MAPA
SÍGUENOS:
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901