lunes, 12 de abril de 2021

CASTRO DA PENA MOURA - BORREIROS - GONDOMAR

 CASTRO DA PENA MOURA

BORREIROS

GONDOMAR


Castro da Pena Moura

     O castro de Pena Moura ten as súas orixes na Idade de Bronce, desenvolvéndose fundamentalmente na Idade de Ferro e rematando na época da romanización, entre os séculos IX a.X. e I-II d.X.

     Consta dunha acrópole no seu lateral sur sobre a que parece que existiu un torreón defensivo e dúas terrazas con pequena pendente que se extende cara ao norte.

      Conserva a muralla defensiva e un foso co mesmo fin defensivo na cara sur, así como parapetos de terra no seus laterais leste e oeste.


     O castro debe o seu nome a un penedo que se atopa no seu interior coñecido como a “Pedra Moura”, ao que se asocian lendas que falan deste ser mítico.

Borreiros
     San Martiño de Borreiros é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Gondomar na comarca de Vigo.

      Segundo o IGE, no 2014, tiña 1.254 habitantes (666 mulleres e 588 homes), distribuídos en 20 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 1.047 habitantes. O lugar de cabeceira, onde está a igrexa e o centro cultural, é San Martiño.

Historia
     A primeira referencia escrita data do 1170, onde o rei Fernando II de León doa ó Bispo de Tui a igrexa de San Martiño de Borreyros. Neste documento, sinala os seus longos límites. E outra referencia data de 1409, onde Lorenzo Canes de Cadaval, escudeiro morador en terra da Louriña, fai doazón ó Mosteiro de Oia, a metade do Coto de Borreyros coas súas casas, as súas herdades, as súas viñas, as súas devesas etc.

     Durante tempo, a parroquia de Santa Cristina da Ramallosa (Baiona), pertenceu a ela ata que se independizou.


Patrimonio
     Pola parroquia discorre o río Miñor. Posúe unha capela, chamada Capela da Xunqueira que data do ano 1723 (segundo a inscrición que hai no arco da entrada).

     No monte veciñal atópase un poboado castrexo da idade de ferro, o castro da Pedra Moura.

     Ten parapetos defensivos, e desde el vese o Val Miñor e a ría de Vigo. Está en terreos propiedade da Comunidade de Montes.

     Na parroquia tamén se encontra a Fraga de Oliveira, que está situada entre as parroquias de Borreiros, Belesar e Donas no contorno do río da Groba, aínda que os sendeiros que están dentro do sendeiro da Grela, están sen sinalizar e abandonados.

Lugares da parroquia de Borreiros
     O Aciquelo, A Bandeira, Borreiros, Os Boucelos, O Burgovedro, Cabaleiros, O Castro, O Cruceiro, A Esparadela, A Estrada, Guntín, O Lousado, O Monteiro, A Oliveira, As Regadas, San Martiño, O Seixo, O Telleiro, A Tomada, A Valada, Viso de Calvos, A Xunqueira  

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

 Fuente: Web Patrimonio Galego

XOAN ARCO DA VELLA


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901