domingo, 4 de abril de 2021

MIRADOR DE PENA FOLENCHE - PENA FOLENCHE - A POBRA DE TRIVES

 MIRADOR DE PENA FOLENCHE

PENA FOLENCHE

A POBRA DE TRIVES


Pena Folenche
     Santa María de Pena Folenche é unha parroquia do concello da Pobra de Trives na comarca da Terra de Trives, na provincia de Ourense. 

     No ano 2016 tiña 27 habitantes (14 homes e 13 mulleres).

Patrimonio
     Os sequeiros utilizábanse para secar as castañas que se collían nos castiñeiros próximos. Agora son casas para visitar, aínda que gran parte delas están sendo restauradas.

     O topónimo Pena provén da gran pedra que hai no centro da aldea, que serve de miradoiro das montañas ourensás. 

     A lenda conta que dentro da gran penela hai un pasadizo que leva a unha cova onde se encontra un tesouro que agocharon alí os mouros.

Lugares de Pena Folenche
     Pena Folenche

Comarca da Terra de Trives
     A comarca da Terra de Trives é unha comarca galega situada na provincia de Ourense, na zona leste da Ribeira Sacra. A súa capital é A Pobra de Trives, pertencen a ela os concellos de Chandrexa de Queixa, Manzaneda, A Pobra de Trives e San Xoán de Río. 

     A súa poboación era de 4.111 habitantes no 2017 e unha extensión de 431,71 quilómetros cadrados.


Poboación
     No ano 2017, a comarca posuía 4.111 habitantes. Unha proba da súa pouca poboación é a densidade, de tan só 9,52 habitantes por quilómetro cadrado, moi inferior á media galega.


Xeografía
      A comarca está bañada polo leste polo río Bibei. Un dos seus accidentes xeográficos máis importantes é o pico Cabeza de Manzaneda, con máis de 1.750 metros. A extensión é de 431,71 quilómetros cadrados, un 1,46% da superficie total de Galicia.

Turismo
     O negocio do turismo rural comeza a ter valor na comarca. Pero a existencia da estación de esquí no concello de Manzaneda dá moita importancia turística a esta zona, xa que é a única estación de esquí galega.

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901