O CASTRO DE PEDROUZOS
Din que no castro de Pedrouzos hai tres minas ou vigas; unha de ouro, outra de prata e outra de alcatrán; como non se sabe cal é esta, e tocarlle non se pode pois todo canto hai no arrededor se queimaría, non se anda en busca das outras dúas.
   
 Neste castro había tamén un señor encantado, e dunha vez pasou por alí 
unha muller que daba peito: O encanto a quen ninguén vía chamouna para 
que dese de mamar a un meniño que el tiña e levouna por unha mina moi 
longa ata unha casa bonítisima. Despois que lle deu de mamar, trouxo o 
señor unha untura e mandoulle á muller que metese nela os dedos e logo 
que se lle untase os ollos ao neno. Fíxoo así, mais ela case sen dar 
conta pasou os dedos por un ollo seu e dende entón vía por el coma os 
encantados.
   
 Ao outro día era 27 foi a muller á feira dasa Cruces de Sobrado e polo 
ollo que untara viu ao señor do castro que ninguén máis vira. En vez de 
calar e de non facer caso, chamouno anque el non lle falaba.
    Ende outro día a muller foi ao castro e díxolle o señor:
    - ¿ Con que ollo me viches na feira ?
Melide - A Coruña
SÍGUENOS:
Facebook 
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA


No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901