A CASA DA MOURA
LENDA
LENDA

Era un pobre que ía á maña cedo para a feira do 12, e ao pasar pola Casa da Moura saíulle un mouro e preguntoulle:
- ¿ E logo para onde vai ?
- Voulle para a feira mercar uns porquiños.
- ¿ E ten moito diñeiro para os mercar ?
- Ai, señor, eu diñeiro téñolle pouquiño.
- Ben, pois vas á feira e mercas dous porcos dos mellores que haxa, e
espéradesme alí ti e mais os que chos venden. e despois vou eu a
págollos.
E pasou todo segundo dixera, e o mouro quedou cun porco e o home con outro.
E entón o mouro díxolle ao home:
- Mira, todas as mañás cedo tráesme aquí medio neto de leite. Ti non
chames por ninguén. Deixao neste sitio sinalado que xa terás nel un peso
todos os días. E así segues sempre. E ten tino de non decir nada a
ninguén, que estas cousas non se poden dicir.
E por moito tempo o home levou o leite e colleu os cartos.
Mais a súa muller sempre lle andaba dicindo.
- ¿ De donde che veñen os cartos ? Porque antes non tiñamos casi
ningúns e agora temos moitos. Ti tes que ter unha amiga que chos dá.
E o home contestabálle:
- Non, muller, non. Ti come e bebe e a min déixame, que eu non teño amiga ningunha.
E ela volvía a porfiar.
- Pois ti tesmo que dicir, que dalgún lado che veñen.
E tanto porfiou e tanto fixo que rematou por llo dicir.
Veu para o outro día á mañá e o home foi co leite, mais, ao chegar ao
sitio sinalado, en vez dos cartos atopou un corno cun letreiro que
dicia:
Falaches
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
Calvos de Randín - Ourense
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901