TALLON
MACENDO
CASTRELO DO MIÑO
Igrexa de Santa María de Macendo
A Igrexa de Santa María de Macendo encádrase no século XVIII, na plenitude da arquitectura barroca galega, sendo unha síntese da arquitectura compostelán.
Ten nave de planta rectangular, tres corpos (o do presbiterio de maior altura), unha lanterna (hoxe desaparecida), arcos de medio punto, cabeceira cadrada e tribuna ós pes.
A fachada en forma de muro-telón, presenta unha portada enmarcada por bocel semicircular, enriba unha ventá cadrada coa mesma decoración, rematadas con pináculos.
O conxunto coróase por unha gran torre-campanario.
Macendo
Santa María de Macendo é unha parroquia do concello de Castrelo de Miño, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 531 habitantes, deles 259 eran homes e 272 eran mulleres.
Comarca do Ribeiro
A comarca do Ribeiro é unha comarca galega situada na provincia de Ourense no curso medio do río Miño, que a percorre de nordeste a suroeste.
A súa capital é Ribadavia, e a ela pertencen os concellos da Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Ribadavia. Dálle nome ao viño do Ribeiro.
Ocupa unha superficie de 406,92 km², nos que viven 15.571 habitantes (2020).
Por ela transcorren tamén os ríos Arnoia e Avia. O Miño está represado nos encoros de Castrelo de Miño e da Frieira.
Existen varios balnearios que aproveitan as augas. Desde a Serra do Suído e Faro de Avión, ao oeste, onde se chega ao 1.000 m de altitude, o relevo descende até só 97 m en Ribadavia e Arnoia.
MAPA
Fuente: Web Patrimonio Galego
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901