domingo, 3 de agosto de 2025

CALVARIO DE SERRAPIO - SERRAPIO - CAPELA DE SAN LOURENZO - PEDRE - CERDEDO COTOBADE

 CALVARIO DE SERRAPIO

CAPELA DE SAN LOURENZO

SERRAPIO

PEDRE

CERDEDO COTOBADE 

 Serrapio
      Serrapio é un lugar da parroquia de Pedre no concello de Cerdedo-Cotobade, na provincia de Pontevedra. 

      Segundo o IGE en 2012 tiña 13 habitantes (8 mulleres e 5 homes) o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 22 habitantes.

Patrimonio
      En Serrapio sitúase a capela de San Lourenzo de estilo barroco do século XVIII, de planta rectangular, portada adintelada, pináculo nos extremos e espadana central de dobre corpo. 

Pedre
     Santo Estevo de Pedre é unha parroquia do concello de Cerdedo-Cotobade. 

     Segundo o INE, en 2010 tiña 215 habitantes (115 mulleres e 105 homes), 5 máis có ano anterior e 24 máis ca en 2005.

Patrimonio
     Pedre é unha terra de canteiros e un dos máis destacados foi Tiburcio Álvarez, nado a principios do século XVIII. Álvarez traballou na igrexa de Pedre no ano 1767. Xunto cos seus veciños Pedro Bugallo pai e fillo, fixo as escaleiras dos coros alto e baixo así como o enlousado da igrexa.

      A igrexa de Santo Estevo de Pedre é anterior ao século XVII. No adro, fronte á igrexa, hai un relevo de estilo gótico que data dos séculos XV e XVI, representando a Crucifixión e a Adoración dos Reis Magos, que probablemente estaba situado na fachada da igrexa.

      No lugar de Quinteiro de Salgueiro está a chamada Casa Grande que foi feita na época da Inquisición e data do ano 1600.

     Formando parte do antigo camiño de peregrinos atópase unha ponte de tres arcos.

     Na Eira Grande pódense ver oito canastros, a maioría de dous claros, e algún deles pertencen a dous veciños ou máis. Na mesma eira hai outra máis pequena chamada a Eira do Pallal, onde se xuntaban os veciños para mallar o centeo, con cinco canastros, todos restaurados.

     En Vichocuntín hai unha ponte dun arco rebaixado duns 35 m de longo e 25 de alto, con varandas de pedra concertada e lucida, construída a mediados do século XIX como parte da estrada entre Pontevedra e Ourense. Na aldea hai tamén un peto de ánimas cun cruceiro.

      En Serrapio sitúase a capela de San Lourenzo de estilo barroco do século XVIII, de planta rectangular, portada adintelada, pináculo nos extremos e espadana central de dobre corpo.

Lugares de Pedre   
     Pedre, Serrapio, Vichocuntín  

 VIDEO

 

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901