CRUCEIRO DA LAGOA
A LAGOA
VILARIÑO
AGOLADA
Cruceiro localizado no lugar da Lagoa, da parroquia de Santa María en Vilariño.
Atópase nun cruzamento entre o lugar da Penela e A Irexe, de Vilariño.
Toscamente labrado en pedra, o fuste ou columna sobre a que se asenta a cruz ten uns dous metros e medio de altitud, o Cristo crucificado está toscamente traballado, e garda certa similitude por algún outro existente no concello de Agolada, o que fai pensar que fora traballo do mesmo canteiro descoñecido.
Tradición oral:
Ao parecer, non estaba situado inicialmente neste lugar, aínda que non puidemos atopar testemuñas de veciños vivos, que nos soubesen aclarar cando ou porqué mudou de sitio.
Comarca de Deza
A comarca de Deza é unha comarca da provincia de Pontevedra e a súa capital é Lalín.
Pertencen a ela os concellos de Agolada, Dozón, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces.
A súa poboación é de máis de 40.000 habitantes.
O Deza coincide coa antiga comarca de País do Deza, isto é, as xurisdicións de Deza, Camba, Dozón, Trasdeza, Carbia e Valquireza.
MAPA
Fuente: Web Patrimonio Galego
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901