viernes, 10 de enero de 2025

CRUCEIRO NO MOSTEIRO DE ACIVEIRO - ACIVEIRO - FORCAREI

  CRUCEIRO DO MOSTEIRO

ACIVEIRO

FORCAREI

       Cruceiro con plataforma de catro chanzos moldurados, estando o inferior a ras do chan. No segundo chanzo temos, no anverso, un pousadoiro formado por un taboleiro sobre dúas cepas. 

      O baseamento é moldurado cunha inscrición na beira dereita:

ESTE CRUZE-
RO CONSTRUIU-
SE CNDO CURA PARROCO
D. ELIAS FONTE RODRIGUEZ

      máis outra polo reverso:

AÑO DE
1895

       O varal é de sección cadrada no seu inicio para, a un terzo da súa altura pasar a ser oitavado. Na súa altura media e polo reverso temos unha “Verónica” sobre una peaña. Capitelo composto con volutas angulares e querubíns alados na parte media.

      A cruz é nudosa de paus cilíndricos. Amosa no anverso a Cristo Crucificado con San Francisco a súa beira recollendo nun cálice o sangue que manda da ferida no costado de Cristo. Baixo o Cristo, e sobre o pau da cruz, vemos unha caveira sobre dúas tibias.

      No anverso, vemos a Virxe na advocación das dores cun puñal cravado no seu peito. 

       Enriba dela, e sobre os brazos da cruz, vemos dous anxos sostendo un lenzo sobre a virxe. 

 

MAPA

 

 Fuente: Web Patrimonio Galego

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901