viernes, 10 de enero de 2025

MUIÑO EN SIADOR - SIADOR - RÍO DE MERA - SILLEDA

 MUIÑO EN SIADOR

SIADOR

RÍO DE MERA

SILLEDA

Siador
        San Miguel de Siador é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda. 

      Segundo o IGE en 2009 tiña 146 habitantes (78 mulleres e 68 homes), distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 190 habitantes.

        Segundo o IGE, en 2023 tiña 100 habitantes (50 homes e 50 mulleres). 

     Nesta parroquia celébranse anualmente a Romaría do Rapaz e a romaría da Saleta.

Historia
      A parroquia figura co nome de Senator e Seador en varios documentos medievais.

      É coñecida por atoparse nela o primeiro santuario de España de advocación mariana na honra da Nosa Señora da Virxe da Saleta creado en 1863, que cada 19 de setembro convoca a milleiros de peregrinos.

      Recentemente creouse tamén un Centro Espiritual Saletino rexentado por misioneiros da orde.

Patrimonio
      Exiten varios castros nos termos desta parroquia, como o castro do Marco e o castro de Cartimil,así como outros restos arqueolóxicos: as mámoas de Montedas e Gandaracha e os petróglifos da Peneda do Encanto.

      Destaca o Pazo de Sestelo, propiedade da familia Rivas. No lugar de Penadagra atópase unha sobreira, cuxa idade se estima nuns 600 anos. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901