viernes, 7 de junio de 2024

IGREXA DE SAN PEDRO DE MANDRÁS - MANDRÁS - SAN CRISTOVO DE CEA

 IGREXA DE SAN PEDRO DE MANDRÁS

MANDRÁS

SAN CRISTOVO DE CEA

Mandrás
     San Pedro de Mandrás é unha parroquia do concello de San Cristovo de Cea na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense.

     Segundo o IGE en 2013 tiña 86 habitantes, deles 47 eran homes e 39 eran mulleres, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 110 habitantes.

Lugares de Mandrás
    A Agra, Costa de Monte, Fondo de Vila, Mandrás, Ponte Mandrás

San Cristovo de Cea
     San Cristovo de Cea é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca do Carballiño.

        Segundo o IGE en 2014 tiña 2.418 habitantes (3.026 en 2003). O seu xentilicio é «ceés».

Xeografía
     O concello, de 93,9 km², abrangue 13 parroquias. Limita ao norte con Rodeiro (provincia de Pontevedra) e Carballedo (provincia de Lugo), ao sur con Maside, ao leste con Vilamarín e ao oeste con Amoeiro, Piñor e O Carballiño, do que o separa o río Arenteiro.

     O nordeste do concello é unha zona montañosa, rama sur da serra do Faro, cos picos da Martiñá (1.039 m) e Alledo (1.011 m). O municipio está atravesado polos ríos Mirela e Oseira (afluentes do Arenteiro) e polo río Barbantiños. Outros cursos menores son o Búbal, Silvaboa, Benito, O Texo ou o Ricovelo. A zona ten clima oceánico temperado nos vales e oceánico de montañas nas zonas altas.

      O termo municipal está comunicado a través da estrada N-525 e da AG-53.

      Consérvanse restos megalíticos (mámoas) e os poboados castrexos da Martiñá, Covas e San Fagundo.

      En 1137 foi fundado pola orde de San Bieito o mosteiro de Oseira, pertencente dende 1141 á orde do Císter. A partir do século XII e durante o antigo réxime o mosteiro de Oseira exerceu a xurisdición sobre a zona, tendo o seu abade o título de Conde de Cea. As parroquias de Mandrás e Vilaseco pertencían á xurisdición de Xosé Temes, e a parroquia de Castrelo pertencía ao Condado de Ribadavia.

Toponimia
      O nome da vila aparece escrito ao longo da súa historia como Cea, Çea, Ceia e Zea, posiblemente é un topónimo de orixe celta. Tería dous posibles significados "muralla" ou "pradeira".

      A inicios do século XIX foron creados os concellos de Oseira, Cea e Mandrás, fusionados trala división territorial de España en 1833.

      Até 1916 recibía simplemente o nome de Cea, pero nese ano pasou a ser chamado San Cristovo de Cea para distinguilo do concello de Cea (León).

Patrimonio arquitectónico
     Amais do mencionado mosteiro de Oseira, entre o patrimonio de San Cristovo de Cea destaca a igrexa parroquial de San Fagundo, de arquitectura románica.

Patrimonio cultural
      No concello está o Museo Etnográfico de Liste.  

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901