PONTE CASTRELO
CASTRELO DO MIÑO
Igrexa de Santo Estevo
Igrexa de planta rectangular e grandes dimensións, con contrafortes nos laterais e muros de cantería.
Á antiga fachada apegóuselle unha esvelta torre e superpúxoselle unha portada de corte neoclásico con porta con lintel, enmarcada por pilastras con acanaladuras e capiteis de escaso resalte con caulículos e volutas, entre eles friso liso.
A torre é de catro corpos: o inferior, liso con pilastra en esquina e arquitrabe; o segundo, flanqueado por pilastras lisas con placas no terceiro e cuarto superior, rematadas en arquitrabes; o terceiro, con balconada arredor e catro arcos con banda na metade; e o cuarto, con balconada menor e catro arcos máis baixos có superior. Remata con cúpula de pedra con resaltes na superficie e cruz de ferro.
Á igrexa engádeselle unha casa reitoral con planta en “L” e galería no alzado oeste. O conxunto, formado pola casa reitoral e o cemiterio, localízase nun lugar alto e dominante con vistas á ribeira do río Miño.
Ponte Castrelo
Santo Estevo de Ponte Castrelo é unha parroquia do concello de Castrelo de Miño, na provincia de Ourense.
No ano 2007 tiña 254 habitantes, deles 136 eran homes e 118 eran mulleres.
Lugares de Ponte Castrelo
A Frieira, Oleiros, Parada, O Pousadoiro, Santo Estevo, Souto
Comarca do Ribeiro
A comarca do Ribeiro é unha comarca galega situada na provincia de Ourense no curso medio do río Miño, que a percorre de nordeste a suroeste.
A súa capital é Ribadavia, e a ela pertencen os concellos da Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Ribadavia. Dálle nome ao viño do Ribeiro.
Ocupa unha superficie de 406,92 km², nos que viven 15.571 habitantes (2020). Por ela transcorren tamén os ríos Arnoia e Avia. O Miño está represado nos encoros de Castrelo de Miño e da Frieira.
Existen varios balnearios que aproveitan as augas. Desde a Serra do Suído e Faro de Avión, ao oeste, onde se chega ao 1.000 m de altitude, o relevo descende até só 97 m en Ribadavia e Arnoia.
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901