domingo, 2 de junio de 2024

CAPELA ESMOLEIRA DE SAN ANTONIO - O XOBRE A POBRA DO CARAMIÑAL

 CAPELA ESMOLEIRA DE SAN ANTONIO

O XOBRE 

A POBRA DO CARAMIÑAL

      San Antonio, unha imaxe moi venerada na Pobra que lembra ao Ecce Homo de Borja

     A imaxe de San Antonio está situada nun muro moi preto da igrexa pobrense de O Xobre

      A tradición establecía que para conseguir parella había que pintar ao santo ou botarlle aceite por encima, uns ritos que deixaron a súa pegada na figura

     Botarse noivo, quedar embarazada, que a marea trouxese unhas boas capturas ou, mesmo, atopar algo que desaparecera eran algunhas das peticións que durante décadas facíanselle a San Antonio para solicitarlle a súa intermediación divina e lograr o ansiado obxectivo.

     Aínda que se trata dunha imaxe algo basta e situada nun lugar bastante recóndito -está no muro dunha rampla que daba acceso desde a praia ao antigo convento da Pobra-, decenas de persoas acudían a venerar a este santo tan milagreiro, que non soamente era coñecido no municipio, senón que as mulleres en idade de merecer de Palmeira ou Escarabote tamén peregrinaban ata o lugar en busca dos seus favores para que as axudase a casar.

      Actualmente San Antonio xa non ten esa lexión de devotos e, á vista do seu aspecto, moitos puidesen opinar que o tempo  tratouno bastante mal, e que mesmo lle ocorreu o que ao famoso Ecce Homo de Borja: que alguén o quixo restaurar e deixouno peor do que estaba.

     A historia neste caso é ben distinta. a tradición di que para conseguir que o santo cumprise o solicitado, «como ofrenda había que pintalo ou derramarlle por enriba o aceite que levaban as antigas lampadiñas».

     Estes ritos explican que a figura teña numerosas capas de pintura e que a pedra que o rodea tamén presente unha cor negruzco froito de anos de ofrendas.

     Cando falamos de patrimonio cultural, non só debemos valorar a obra que todos vemos, senón tamén dos ritos e tradicións que ps acompañan.

VIDEO

MAPA

 

 Fuente: Ana Lorenzo Fernández

A VOZ DE GALICIA

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901