CAPELA DE SAN SEBASTIÁN
RÚA DE SAN SEBASTIÁN
O PORRIÑO
Templo de 60 m2, de planta rectangular alongada con bóveda de canón rebaixado con dous arcos faxóns que morren no muro sen ningún tipo de remate.
A súa fachada ten entrada única baixo un arco de medio punto rebaixado.
Sobre a porta ábrese un óculo semicircular decorado cara ao exterior con elementos realizados en ferro. Remata a fachada nun frontón triangular partido na súa parte central e aos lados decorado con pináculos.
A cuberta foi substituída hai pouco tempo cunha cubrición de cobre. Anteriormente tiña unha teitume pétrea e de sección semicircular, probablemente non orixinal e froito dunha reconstrucción posterior, quizais do 1552, data que aparece na fachada do edificio e que non se correspondería coa primeira etapa constructiva do edificio, moito máis distante no tempo.
De feito esta reconstrucción ou ampliación posterior do primitivo edificio pode observarse claramente no seu lado occidental, co cambio no corte, tamaño e disposición dos paramentos do muro.
A capela ten un valor histórico enorme en tanto que se atopa xustamente no lugar que foi xerme do Porriño, ó carón das xa derrubadas casas do Picollo, edificadas segundo a tradición por Xan Porro, que daría orixe ó nome de “O Porriño”.
Tamén ten valor histórico polo feito de que foi construída polos propios veciños co propósito de oír misa diaria sen ter que desprazarse ata a Parroquia de Atios para facelo.
MAPA
Fuente: Web Patrimonio Galego
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901