RESTOS DA SINAGOGA DA GRAÑA
SALCEDO
A GRAÑA
SERRA DO SUÍDO
Nesta ocasion mostráronnos o que eles din ser os restos da sinagoga dos primeiros tempos do asentamento desta comunidade no lugar, son moitos os que manteñen a teoria de que os primeiros pobladores son descendentes da comunidade xudia expulsada de Ribadavia e Tui.
A GRAÑA
DESCRICIÓN XEOGRÁFICA
Denominada A Graña do Sal ou dos pañeros, atópase situado na saia da Serra do Suido, unha das maiores altitudes da Provincia e no mesmo límite coa de Ourense. Bañada polo río Tea, conta cunha poboación de 330 habitantes distribuídos nas entidades de: Eido Gonzalo, Eido Fernandez, Fonte do Cano, Munxidoiro, Muiños, Porteliña de Campo, Rebordechán e Salcedo.
Desde o punto de vista antropolóxico, crese que o factor xeográfico, debido ao illamento do resto dos municipios, contribuíu a conservación dos seus costumes e que isto favoreceu algunhas das súas prácticas comerciais. Considéranse descendentes dos xudeus conversos.
Os primeiros habitantes da Graña procedían de Gavián, onde sufriron unha invasión de formigas que provocou que tivesen que abandonar o lugar.
Cando construíron as novas casas na Graña coidáronse de que fosen sobre cementación de pedra e non sobre a terra, para protexerse das formigas. Comprobouse que as casas antigas da Graña están sobre rocas que polo xeral sobresaen do terreo.
VIDEO
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901