CRUCEIRO DO PIÑEIRÓN
BANDA DO RÍO
CASTRO
CABO DE CRUZ
BOIRO
Castro
Santa María de Castro é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Boiro, na comarca da Barbanza.
Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 2.302 habitantes (1.103 homes e 1.199 mulleres) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 2.537 habitantes.
Un dos principais lugares desta parroquia, e do mesmo concello, é Cabo de Cruz, onde se celebra desde hai anos, o 16 de agosto, unha festa de exaltación do mexillón.
Cabo de Cruz
Cabo de Cruz é unha localidade marítima da parroquia de Castro, situada no sur do concello de Boiro á beira da ría de Arousa.
Nos últimos anos o descenso de poboación foi notable, chegando a ter antes de 1999 un número de habitantes de preto de 3.000.
Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.
Comarca de Barbanza
A comarca do Barbanza, comarca da Barbanza, comarca de Barbanza ou simplemente A Barbanza, O Barbanza ou Barbanza, é unha das comarcas oficiais de Galicia.
Localízase no suroeste da provincia da Coruña. Pertencen a ela os concellos de Boiro, A Pobra do Caramiñal, Rianxo e Ribeira.
Ten unha superficie de 246,71 km² e no ano 2020 tiña 66.063 habitantes.
MAPA
Fuente: Web Patrimonio Galego
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901