viernes, 10 de febrero de 2023

ESTACIÓN DE TEIXEIRO - TEIXEIRO - CURTIS

 ESTACIÓN DE TEIXEIRO

TEIXEIRO

CURTIS

 Estación de Teixeiro
     Teixeiro é unha estación de tren de Adif situada na vila de Teixeiro, no concello de Curtis, provincia da Coruña. Ten servizos de longa e media distancia operados por Renfe.

Situación ferroviaria
     A estación atópase no punto quilométrico 487,9 da liña férrea de ancho ibérico que une León e A Coruña, entre as estacións de Guitiriz e Curtis. O tramo é de vía única e está sen electrificar.

Historia
     A estación foi inaugurada o 10 de outubro de 1875 coa apertura do tramo A Coruña-Lugo da liña férrea que pretendía unir Palencia coa Coruña. A Compañía dos Ferrocarrís de Asturias, Galicia e León foi a encargada das obras.

     Dita compañía creouse para continuar coas obras iniciadas por Noroeste e xestionar as súas liñas ante a quebra da mesma. Con todo a situación financeira desta última tamén se volveu rapidamente delicada sendo absorbida por Norte en 1885.

     En 1941, a nacionalización do ferrocarril en España supuxo a desaparición desta última e a súa integración na recentemente creada Renfe.

     Antes do comezo da guerra civil española en xullo de 1936, o futuro guerrilleiro Benigno Andrade García, Foucellas, interveu nunha requisa de dinamita na estación, un dos motivos polo cal, temendo represalias dos sectores fascistas, se botou ao monte logo do estalido da guerra.

     Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

A estación
     O edificio de viaxeiros é unha estrutura de dous pisos que loce un aspecto clásico. 

     Sitúase no noroeste do núcleo urbano de Teixeiro. Recentemente foi reformada exteriormente. Conta con dúas plataformas laterais ás que acceden as dúas vías existentes na estación.

     A 2,5 quilómetros da estación existe un pequeno ramal que accede a un apartadoiro que dá servizo a unha planta de bioetanol.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901