domingo, 5 de febrero de 2023

CITANIA DE SANFINS - SANFINS DA FERREIRA - PAÇOS DE FERREIRA

 CITANIA DE SANFINS

SANFINS DA FERREIRA

PAÇOS DE FERREIRA

Citania de Sanfins
     A Citania de Sanfins (en portugués: Citânia de Sanfins) é un sitio arqueolóxico da Idade de Ferro do norte de Portugal. É unha das citanias máis características da Cultura castrexa do noroeste da Península Ibérica.

      Localízase case na súa totalidade na freguesía portuguesa de Sanfins de Ferreira e a parte suroeste na freguesía de Eiriz, ambas as dúas no concello de Paços de Ferreira, distrito do Porto.

     Está clasificada polo IPPAR (Instituto Português do Património Arquitetónico) como monumento nacional (Dec. Nº 35817, DG, 187, 1ª SÉRIE, 20 de agosto de 1946).
Descrición

     Xurdiu por volta do século I a.C. e ocupa unha área de cerca de 15 hectáreas, nun outeiro integrado nunha zona montañosa de afloramentos graníticos, nun lugar estratéxico entre a rexión do Douro e do Miño.

     Hai vestixios da ocupación do lugar do castro dende o século V antes de Cristo, aínda que a gran cidade se desenvolveu no tempo dos galaicos, creada entre os séculos II e I a.C.

     Nesa época, estímase que alí moraban tres mil persoas, unha poboación que vivía esencialmente de traballar o ferro, con gran vocación guerreira, ficando outras actividades económicas, como a agricultura, a cargo doutros castros dos arredores, dela dependentes.

     Era a cidade-sede dunha rexión máis vasta, que abranguía as actuais Valongo, Maia e Penafiel, e onde estaba o poder político e militar. Os romanos acabarían chegando a aló poucos anos antes do nacemento de Cristo, mais con dificultade.

     Os primeiros estudos desta citania débense aos historiadores Francisco Martins Sarmento e a Leite de Vasconcelos. As escavacións iniciáronse en 1944 e prolongáronse por máis de cincuenta anos.

Patrimonio
Murallas
     A citania estaba protexida por varias liñas de murallas. As murallas defensivas adáptanse de forma notábel ao terreo, cunha planificación regular e un rueiro ortogonal.

Pedra formosa
      A sauna castrexa, edificio destinado aos baños públicos, salienta pola súa técnica construtiva e por posuír unha espectacular pedra formosa con motivos celtas.

    “Disque algúns dos pobos das marxes do río Douro viven á maneira dos Laconio (Esparta). Úntanse con óleo dúas veces (por día) en lugares especiais e toman baños de vapor, feito con pedras aquecidas no lume e (despois) báñanse en auga fría.”

Núcleo familiar
     A citania posúe máis de cento cincuenta construcións de planta circular e rectangular, agrupadas en corenta conxuntos de unidades familiares. Recentemente foi restaurado un núcleo familiar.

    “No día a día beben cervexa e, raramente, viño. O pouco que conseguen, a présa o consomen nas festas familiares... neses banquetes séntanse en bancos construídos ao redor dos muros, ocupando os lugares segundo a idade e a dignidade.

      A comida circula de man en man. Mentres beben, bailan e fan coros ao son da frauta e da gaita, dando saltos no ar e caendo de xeonllos...”

VIDEO

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901