miércoles, 15 de febrero de 2023

IGREXA DE SANTO TOMÉ DE MORGADE - MORGADE - XINZO DE LIMIA

 IGREXA DE SANTO TOMÉ DE MORGADE

MORGADE

XINZO DE LIMIA

 Igrexa de Morgade

     A igrexa parroquial de Santo Tomé de Morgade, en Xinzo de Limia, foi reconstruída no ano 1920 e da súa orixinal estrutura románica, conservando hoxe a portada principal de catro arquivoltas e variada decoración xeométrica, e a porta norte de cadros e Rosetón no tímpano en forma de esvástica de sete brazos. 

     A imaxe do patrón é de gran calidade do período barroco. A poucos metros hai un cruceiro de pedra moi interesante.

Situación
     A Igrexa de Santo Tomé atopase no lugar de Morgade, pertenecente o término municipal de Xinzo de Limia, provincia de Ourense.

Historia
     Esta igrexa foi reedificada casi totalmente na época moderna, conservando da orixinal duas portadas románicas.

Descripción
     La porta do muro oeste ten catro arquivoltas decoradas que descansan sobre columnas con capiteles vexetais.

     A porta aberta no muro norte está composta por unha arquivolta axedrezada baixo a que ai esculpida unha espiral de sete brazos a modo de rosetón central.

Estado de conservación
     Encontrase en bo estado de conservación.

Protección
    O Patrimonio Histórico Español está protexido por a Lei 16/1985, de 25 de xunio, do Patrimonio Histórico Español (B.O.E. núm. 155, de 29 de Xunio de 1985).

 San Tomé de Morgade

     San Tomé de Morgade é unha parroquia do concello ourensán de Xinzo de Limia na comarca da Limia. 

     No ano 2009 tiña 350 habitantes (180 homes e 170 mulleres) nunha soa entidade de poboación, o que supón unha diminución de 13 habitantes en relación o ano 2007.

Lugares de Morgade
     Morgade 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901