POBOADO MINEIRO DA PEÑA DO SEO
CADAFRESNAS
CORULLÓN
Poboado mineiro de Peña do Seo
O poboado mineiro de Pena do Seo, tamén chamado poboado da Piela, atópase en Cadafresnas, pedanía pertencente o municipio de Corullón, situado na comarca do Bierzo, provincia de León (España).
Está incluído na Lista Vermella do Patrimonio da organización Hispania Nostra.
Descrición
O poboado comezouse a construír en 1952 e foi habitable en 1953.
Atópase situado aos pés da Pena do Seo (1.576 msnm).
O poboado, estaba composto de 41 vivendas cunha superficie dun 60 m²/vivenda, todas elas para residentes.
Os mineiros solteiros, vivían nos sotos do poboado.
Cada vivenda dispoñía de dúas habitacións, un baño con ducha, unha pequena cociña, salón comedor e despensa.
Grazas á existencia dunha cociña calefactora con calderín todas as vivendas dispoñían de calefacción e auga quente. As vivendas tiñan luz eléctrica a 125 voltios.
As comodidades do poboado foron moi superiores a outros poboados semellantes.
Historia
O poboado nace co descubrimento do mineral de wolframio, tamén chamado tungsteno, na Pena do Seo en torno ao ano 1940.
Ao redor de 1947 constrúese o lavadoiro inicial, dotado dun muíño de rodetes, unha mesa de lavado e un tromel (criba).
Os labores mineiras foron en incremento, ata chegar a 300 traballadores.
Contexto histórico
O auxe da minería de wolframio en Pena do Seo fundamentouse na venda do mineral.
Pódense definir dúas etapas do seu auxe:
Segunda Guerra Mundial (1940-1945): O mineral era recollido de forma furtiva e anárquica. Nesta época chegouse a vender a tonelada por 285,000 pesetas.
Guerra de Corea (1950-1953): O mineral era vendido ao bando americano, e corresponde á época de maior auxe da explotación. Nesta época vendíanse ata seis toneladas por mes de mineral.
As minas pecharon en 1958, por mor da baixa demanda do wolframio.
VIDEO
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901