IGREXA DE SANTA MARÍA DE NARAÍO
O EIRIXADO
NARAÍO
SAN SADURNIÑO
IGREXA DE SANTA MARÍA DE NARAÍO
Igrexa de estilo predominantemente barroco, construída entre os séculos XI e XVIII.
Planta de cruz latina, con nave principal, dúas capelas laterais e sancristía. Cuberta de lousa a diferentes augas.
Volumetría sinxela, con elevación do presbiterio, característico dos templos rurais. No interior, gran sinxeleza e sobriedade.
No exterior, combina cachotería vista e cachotería revestida con branquexado. Fachada principal de grande austeridade, cun único corpo, porta rectangular, oco abucinado e pequeno rosetón circular.
Sobresae a espadana de dous ocos sobre pequeno corpo pegado.
Conserva elementos de estilo románico na portada e dous sepulcros medievais nunha das capelas laterais.
Acceso
Dende capital municipal, tomar C-642, no km 4 seguir á dereita indicador a Naraío, aproximadamente a 2.5 km atopa a igrexa parroquial.
O Eirixado
O Eirixado é un lugar da parroquia de Naraío no concello coruñés de San Sadurniño, na comarca de Ferrol.
Segundo o IGE, en 2011 tiña 48 habitantes (25 homes e 23 mulleres).
Naraío
Santa María de Naraío é unha parroquia que se localiza no sur do concello de San Sadurniño. Segundo o IGE en 2013 tiña 547 habitantes (261 homes e 283 mulleres) distribuídos en 35 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 670 habitantes.
Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.
Orixes
A primeira referencia histórica de Naraío é do 845, na que, en latín, se menciona un lugar “ao lado do río Naraío”. No ano 1152 tivo lugar unha doazón de Rodrigo de Froila ó Mosteiro de Xuvia.
No documento establécense os bens que recibe dito Mosteiro, e entre eles: “...en tierra de Trasancos de todo lo perteneciente á la heredad de Narahyo con un hombre llamado Alvito, mujer e hijo...-”
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901