PAZO DE TOVAR
CANEDO
LOURENZÁ
Pazo de Tovar
O pazo de Tovar, tamén coñecido como fortaleza de Tovar, é unha edificación que data de comezos do século XIII, unha xoia do gótico isabelino e Ben de Interese Cultural. Localízase en Pacio de Tovar, parroquia de San Tomé de Lourenzá, no concello de Lourenzá.
Descrición
Consta de varios corpos cuadrangulares. O corpo principal rectangular está flanqueado por dúas torres cadradas.
As torres teñen pegadas dúas estruturas forman un patio interior xunto cun lenzo da muralla.
As torres teñen ameas, troneiras, seteiras e barbacás. A porta principal do pazo é de arco gótico isabelino con dous bustos en baixorrelevo labrados nos salmeres e enriba dous pequenos escudos.
Toda a fábrica é de cachotaría de lousa con cadeirado de granito nas partes nobres.
Historia
Os primeiros documentos sobre esta edificación datan de finais do século XIII e refírense a ela como Torre de Canedo.
Documentos posteriores indican a súa progresiva deterioración. Os últimos escritos descríbena como unha vella torre en estado deplorable.
Antonio de Tovar, parente de Pardo de Cela e home de confianza do emperador Carlos V, construíu en 1530 unha fortaleza sobre a torre cun carácter menos defensivo; remodelándoa ao gusto da época, con maiores xanelas para outorgar máis luz ao interior, ademais doutros elementos decorativos para dar máis importancia ao conxunto.
A fortaleza herdouna Brianda de Tovar e Pimentel, pasando en 1548 a ser propiedade, por herdanza, dos Vázquez de Seixas na persoa de don Fernán, señor de San Paio de Narla, Condes, Castelo das Seixas, e cotos anexos.
A partir desta data, diferentes familias viviron na fortaleza ao longo do tempo; a maior parte como arrendatarios, chegando en momentos a vivir máis dunha familia no inmoble. Todos deixaron as súas pegadas no edificio.
Situación actual
Na actualidade o edificio está nun estado bastante ruinoso, conserva en case perfecto estado todas as súas paredes e muros, pero ten os tellados e pisos seriamente danados. Vai ser restaurado pola Consellería de Cultura e Turismo.
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901