domingo, 18 de septiembre de 2022

IGREXA DE SAN PANTALEÓN - A IGREXA - CABANAS - OUROL

IGREXA DE SAN PANTALEÓN

A IGREXA

CABANAS

OUROL

      A parroquia de San Pantaleón de Cabanas está inexorablemente  unida á figura de don Fernán Pérez de Andrade, que foi o seu impulsor. 

     Viña ás terras que posuía nesta zona para cazar con certa regularidade.

      En 1392 Fernán Pérez de Andrade obtén a licenza do bispo de Mondoñedo para edificar tres igrexas nos Montes do Sor. 

      Unha delas é esta de San Pantaleón que se constrúe entre finais do século XIV e principios do XV. Nela figura o símbolo do xabaril, propio desa familia.

     A actual igrexa é o resultado de varias modificacións, que afectaron, principalmente, á súa lonxitude.

San Pantaleón de Cabanas
      San Pantaleón de Cabanas é unha parroquia do concello de Ourol na comarca da Mariña Occidental, na provincia de Lugo.

     Segundo o Instituto Galego de Estatística en 2016 tiña 51 habitantes (24 homes e 27 mulleres), 25 menos ca en 2007 (33 homes e 43 mulleres) e 28 menos que en 2006.

Historia
      En 1895 constituíuse a nova parroquia de Ambosores con lugares de San Pantaleón de Cabanas. 

      Outros lugares da parroquia tamén pasaron a formar parte, xunto con lugares de Ourol, da igualmente creada O Sisto.

Lugares de San Pantaleón de Cabanas
     O Apartado, Arrexoá, Burgás, Cabana, A Cabana Vella, O Camiño, Campo do Cabo, Os Campos, O Cargadoiro, A Castiñeira, O Cotillón, O Couce Gordo, O Couso, Os Díaz, As Esqueiras, O Fondovilar, A Igrexa, Izá, Os Luíses, A Maciñeira, O Merán, A Panda, O Pereiro, A Picheira, O Pombeiro, O Portal, O Teixeiro, A Torre. Vila Vella

MAPA

 

Fuente: Concello de Ourol

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901