sábado, 11 de septiembre de 2021

IGREXA DE SAN SALVADOR DE LEBRES - VILAR DE LEBRES - TRANSMIRAS

IGREXA DE SAN SALVADOR DE LEBRES

VILAR DE LEBRES

TRANSMIRAS

Vilar de Lebres
     Vilar de Lebres é unha parroquia do concello de Trasmiras na provincia de Ourense.

     Segundo o IGE en 2013 tiña 87 habitantes (42 mulleres e 45 homes), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 123 habitantes.

Lugares de Vilar de Lebres
     A Serralleira, Silvaescura, Vilar de Lebres, Vilarchao


Trasmiras

     Trasmiras é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Limia.

     Segundo o padrón municipal, en 2014 tiña 1.456 habitantes (1.828 en 2003). O seu xentilicio é trasmirao.

Xeografía
      O concello, de 56,7 km², abrangue 9 parroquias. O noroeste do concello está regado pola bacía do río Limia. Outras cuncas importantes son as do río Trasmiras e o Faramontaos. A Veiga de Limia é un espazo natural de 1.400 hectáreas, que se estende por este concello e o veciño de Xinzo de Limia. É unha zona húmida que quedou illada trala desecamento da lagoa de Antela.

      O concello está atravesado pola estrada N-525 e pola autovía A-52.

Historia 

     A zona estivo poboada pola tribo dos límicos. Trala romanización de Galicia quedou baixo influencia do Forum Limucorum. Na idade media quedou baixo influencia do condado de Lemos.

Patrimonio
      Destacan varias igrexas de estilo románico: a de Santa María de Zos consérvase completamente neste estilo, cunha fachada con tres arquivoltas. As de San Xoán de Trasmiras e San Salvador de Vilar de Lebres sufriron reformas posteriores. A de San Martiño de Abavides tamén foi modificada, e o seu retablo foi restaurado. A carón da igrexa hai un cruceiro.

      En Santa Mariña de Escornabois hai un peto de ánimas que forma conxunto cun cruceiro.

     En Vila de Rei hai unha ermida sobre un outeiro.

Parroquias de Trasmiras
      Abavides (San Martiño), Chamosiños (Santa Baia), Escornabois (Santa María), Lobaces (Santa María), Trasmiras (San Xoán), Vila de Rei (San Salvador), Vilar de Lebres (San Salvador), Vilaseca (San Román), Zos (Santa María)

Comarca da Limia
     A comarca da Limia é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Xinzo de Limia. 


     A ela pertencen os concellos de Baltar, Os Blancos, Calvos de Randín, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Sarreaus, Trasmiras, Vilar de Barrio, Vilar de Santos e Xinzo de Limia.

MAPA 


SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901