viernes, 3 de septiembre de 2021

CASTRO DE A SACEDA - A SACEDA - LUCENZA - CUALEDRO

 CASTRO DE A SACEDA

A SACEDA

LUCENZA

CUALEDRO

Castro de A Saceda

      A Cidá da Saceda localízase nun outeiro rochoso a 798 m. de altura, no medio dunha ampla chan luso-galaica situada entre a prominente e fría Serra do Larouco (1.398 m) e a cálida depresión do río Támega (385 m).

        Este poboado fortificado levantouse a pouco máis de 3,5 km ao noroeste da Cidá de San Millao, un dos castros máis monumentais e sorprendentes de toda a bisbarra de Monterrei.

     O castro ou Cidá da Saceda sitúase nunha posición que lle permite controlar e dominar visualmente os recursos da zona: a auga, as terras de cultivo, as vías naturais de tránsito, recursos mineiros como o estaño, etc., elementos todos eles importantes durante a Idade do Ferro (800 a.C.- Ano 0). 

        Esta aldea fortificada en altura foi ocupada entre os.VIa.CeoId.C. E foi escavada durante a década de 1980.

      Desde o ano 2011 está declarada como Ben de Interese Cultural.

A Saceda
     A Saceda é un lugar da parroquia de Lucenza no concello ourensán de Cualedro na comarca de Verín.

     Segundo o INE e o IGE en 2011 tiña 91 habitantes (48 homes e 43 mulleres).


Lucenza
      Santa María de Lucenza é unha parroquia do concello ourensán de Cualedro na comarca de Verín.

     No ano 2007 tiña 256 habitantes (130 homes e 126 mulleres) distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 52 habitantes en relación ao ano 2000.

Parroquias de Cualedro    
     Atás (Santa María), Baldriz (San Bartolomeu), Carzoá (San Roque), Cualedro (Santa María), Lucenza (Santa María), Montes (Santa Baia), Rebordondo (San Martiño), San Millao (Santa María), Vilela (Santiago), A Xironda (San Salvador)

Comarca de Verín
      A comarca de Verín é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Verín. 

     Pertencen á comarca os concellos de Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Oímbra, Riós, Verín e Vilardevós.

Demografía
       Tiña en 2020 unha poboación de 24.999 habitantes, deles 12.455 son homes e 12.544 son mulleres.

     Con 13.647 habitantes (INE 2020) o concello de Verín é a capital da comarca, tendo así, máis do 50% da poboación total da bisbarra (54,59%). 

     O núcleo máis poboado é a cabeceira municipal do anterior concello, que con 10.025 habitantes (2020) ten o 40,10% da poboación comarcal, actuando coma un verdadeira vila macrocefálica en relación ao conxunto comarcal.

     A poboación estranxeira da comarca ascendía en 2020 a 2.004 habitantes. A idade media era de 52,68 anos.

Particularidades
     Dentro da idiosincrasia da bisbarra, unha das manifestacións culturais máis relevantes a nivel rexional e incluso nacional é o entroido. 

     Sendo Laza e Verín os máximos referentes comarcais, completarían o triángulo máximo do Entroido ourensán coa capital da Limia, Xinzo.

     Outra característica común é a dominancia da Casa dos Zúñiga (unha das máis importantes liñaxes de Galicia) do Condado de Monterrei, presenza que queda patente nos escudos dos concellos da comarca.

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

Fuente: Concello de Cualedro

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901