XACEMENTO ARQUEOLÓXICO
DE
SANTA MARTA
LUCENZA
CUALEDRO
Lucenza
Lucenza é un lugar da parroquia de Lucenza no concello ourensán de Cualedro na comarca de Verín.
Tiña 146 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 76 eran homes e 70 mulleres.
Historia
Preto do lugar están os poboados castrexos da Saceda e San Millán. Segundo o historiador e arqueólogo local Antonio Rodríguez Colmenero a orixe da aldea está nun asentamento romano, tipo vila, propiedade dun romano chamado Lucenatius.
Próximos a aldea podemos visitar as ruínas románicas do poboado de Santa Marta. Na idade media Lucenza formou parte do Condado de Monterrei. En Lucenza consérvase un dos poucos pozos de neve de Galicia, o Pozo dos Mouros, que data do século XV. Foi construído para conservar a neve e abastecer de xeo aos condes de Monterrei. En 1710, no marco da guerra hispano-portuguesa, a torre de Lucenza transformouse en forte defensivo.
A Pena de Muller (950) é un monte da Serra do Larouco, e conta cunha formación granítica.
Lugares de Lucenza
Lucenza, A Saceda
Cualedro
Cualedro é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca de Verín. Segundo o IGE en 2014 tiña 1.808 habitantes.
Xeografía
Está integrado na comarca de Verín-Monterrei e pertence ao Partido Xudicial de Verín e á diocese de Ourense. Abarca unha superficie de 117,5 km². A capital é a vila de Cualedro, na parroquia homónima, sita a 840 m sobre o nivel do mar.
O termo municipal de Cualedro, segundo o nomenclátor de 1996, ten un total de vinte entidades singulares de poboación agrupadas en dez parroquias, sendo practicamente inexistentes os asentamentos dispersos.
Limita ao norte con Laza e Sarreaus, ao leste con Laza e Monterrei, ao oeste con Baltar, Xinzo de Limia, Trasmiras e Sarreaus, ao sur con Montalegre, en Portugal.
As vías de comunicación máis importantes coa cidade son a autovía A-52 e a estrada N-525, que teñen accesos á capital do municipio nos lugares de Lamas e As Estibadas, respectivamente.
Parroquias de Cualedro
Atás (Santa María), Baldriz (San Bartolomeu), Carzoá (San Roque), Cualedro (Santa María), Lucenza (Santa María), Montes (Santa Baia), Rebordondo (San Martiño), San Millao (Santa María), Vilela (Santiago), A Xironda (San Salvador)
Comarca de Verín
A comarca de Verín é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Verín. Pertencen á comarca os concellos de Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Oímbra, Riós, Verín e Vilardevós.
Demografía
Tiña en 2020 unha poboación de 24.999 habitantes, deles 12.455 son homes e 12.544 son mulleres.
Con 13.647 habitantes (INE 2020) o concello de Verín é a capital da comarca, tendo así, máis do 50% da poboación total da bisbarra (54,59%).
O núcleo máis poboado é a cabeceira municipal do anterior concello, que con 10.025 habitantes (2020) ten o 40,10% da poboación comarcal, actuando coma un verdadeira vila macrocefálica en relación ao conxunto comarcal.
Particularidades
Dentro da idiosincrasia da bisbarra, unha das manifestacións culturais máis relevantes a nivel rexional e incluso nacional é o entroido. Sendo Laza e Verín os máximos referentes comarcais, completarían o triángulo máximo do Entroido ourensán coa capital da Limia, Xinzo.
Outra característica común é a dominancia da Casa dos Zúñiga (unha das máis importantes liñaxes de Galicia) do Condado de Monterrei, presenza que queda patente nos escudos dos concellos da comarca.
MAPA
SÍGUENOS:
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901