IGREXA DE SAN CIBRAO
VILARIÑO DE LAMA MÁ
BAÑOS DE MOLGAS
En Vilariño de Lama Má, atopamos a igrexa parroquial de San Cibrao
Data de mediados do século XVIII. É sinalada pola súa impresionante fachada, tanto pola altura como pola variada decoración.
No interior agocha varias sorpresas, coma o artesonado do teito, o retablo do altar, un tríptico de estilo “rococó” e o resto dunha pintura renacentista, que representa a Santa Lucía.
É sabido da importancia das terras de Baños de Molgas e Maceda ao longo da Idade Media, por eso paga a pena pararnos a observar os escudos que atopamos na fachada:
Vemos dous escudos nobiliarios: O dos Marqueses de Villaverde da Limia e o dos Soutelo de Nóvoa.
A familia dos marqueses de Villaverde, ten a orixe na familia Soutelo de Nóvoa, do pobo veciño de Xocín. O antepasado común das dúas familias é: Antonio Soutelo de Nóvoa, que chegou a ser Mestre de Campo e Cabaleiro da Orde de Santiago.
O escudo da familia Soutelo, representa 5 castiñeiros en formación de sotuer. E aparece na fachada por orde de Manuel Soutelo de Nóvoa, que en 1760 é o padroeiro de Lama Má.
Noutra parte da fachada vemos unha inscripción que reza: HIZOSE SIENDO ABAD EL SR DN ALONSO DE MIRA Y SOTOMAIOR. ANO DE 1762.
Unha curiosidade: Vilariño de Lama Má foi antes Vilariño da Torre
A igrexa estaba perto de Lama Má, à marxe esquerda do Río Arnoia, case un kilómetro abaixo do lugar. En 1760, é trasladada a Vilariño, agora chamado: de Lama Má. Máis ata ese momento o pobo era coñecido como Vilariño “da Torre” por referencia á casa señorial dos Soutelo de Nóvoa.
Comarca de Allariz - Maceda
A comarca de Allariz - Maceda é unha comarca galega situada na provincia de Ourense linda ao leste coa comarca de Ourense, ao oeste coa comarca da Terra de Caldelas, ao sur coa comarca da Limia e ao sueste coa comarca da Terra de Celanova. A súa capital é Allariz.
Pertencen á comarca de Allariz - Maceda os seguintes concellos: Allariz, Baños de Molgas, Maceda, Paderne de Allariz, Xunqueira de Ambía e Xunqueira de Espadanedo.
Parroquias de Baños de Molgas
Almoite (Santa María), Ambía (Santo Estevo), Baños de Molgas (San Salvador), Betán (San Martiño), Cantoña (San Mamede), Coucieiro (San Vicente), Guamil (Santa María), Lama Má (San Cibrao), Poedo (Santa María), Ponte Ambía (Santa María), Presqueira (San Martiño), Ribeira (San Pedro), Vide (San Xoán)
MAPA
SÍGUENOS:
Fuente: Concello de Baños de Molgas
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901