martes, 2 de febrero de 2021

MUIÑOS EN PASTORIZA "DOUS" - REGO DAS GORGADAS - PASTORIZA - ARDÁN - MARÍN

 MUIÑOS EN PASTORIZA "DOUS"

REGO DAS GORGADAS

PASTORIZA

ARDÁN

MARÍN

   Pastoriza
    Pastoriza é un lugar da parroquia de Ardán no concello pontevedrés de Marín na comarca do Morrazo.

     Tiña 102 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales 49 eran homes e 53 mulleres.

Ardán
     Santa María de Ardán é unha parroquia que se localiza no concello de Marín.

     Segundo o IGE en 2014 tiña 1591 habitantes (761 homes e 830 mulleres), 114 menos ca en 2004 (871 mulleres e 834 homes) e 176 menos ca en 1999.

      Ten trece entidades de poboación.

Lugares de Ardán
   Cabodevila, Casás, O Igrexario, Malvido, Moledo, Pastoriza, O Pazo, Os Picotes, A Tioira, Vilaseca, Xermade, Xuncal


Comarca do Morrazo

     A comarca do Morrazo é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra.

     A cal pertencen os concellos de Bueu, Cangas, Marín e Moaña.


     Limita ó norte coa ría de Pontevedra, ó leste coa comarca de Pontevedra, ó sur coa ría de Vigo e ó oeste co océano Atlántico.

     É a comarca máis pequena de Galicia (140,7 km², o 0,47% de Galicia).


    Tiña 82 445 habitantes no 2018, e é unha das cinco máis densamente poboadas (585,96 hab/km²).

     É unha das comarcas naturais e sociolóxicas con máis carácter de Galiza polo seu condicionamento xeográfico.

     A actual comarca administrativa correspóndese só cunha parte da comarca xeográfica e histórica, a Península do Morrazo, que abrangue tamén o concello de Vilaboa (agás a parroquia de Bértola e unha parte da de Figueirido, e o barrio de Paredes na parroquia de Vilaboa).

     Tamén forma parte da península as parroquias pontevedresas de Lourizán e a maior parte da de Salcedo. Antigamente mesmo a propia cidade de Pontevedra estaba incluída no arciprestado do Morrazo.

     O concello de Vilaboa, malia pertencer ó partido xudicial de Cangas, foi integrado na comarca de Pontevedra debido a factores de funcionalidade, e as parroquias pontevedresas de Salcedo e Lourizán por pertencer ó propio concello capitalino.

     Nun principio tampouco se incluíu o concello de Marín, pero a petición dos seus habitantes, foi integrada na do Morrazo, á que pertence desde hai uns anos.

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901