MUÍÑO DE FREIRE
RÍO LOIRA
SEIXO
MARÍN
Seixo
Nosa Señora do Carme de Seixo é unha parroquia do concello de Marín, na comarca do Morrazo. Segundo o Instituto Nacional de Estadística en 2019 tiña 1888 habitantes.
Xeografía
Ten un relevo cunha vertente costeira con fachada sedimentaria e acantilada. A metade sur está ocupada polo arco areoso da praia de Aguete e apoiada no seu estremo occidental na fachada na punta do Chirleu, onde se atopan as instalacións portuarias do club náutico.
O resto da liña de costa repártese entre pequenas calas de depósitos areosos con tramos de acantilados baixos de perfil aserrados pola erosión nos materiais esquistosos.
A prolongación continental establecese a través dunha ladeira regular de pendente suave a moderada, cuxa cabeceira se sitúa no seu punto culminante por baixo dos 200 msnm sen relevos especialmente significativos. Presenta depósitos de area cuaternarios.
Usos do chan
Destaca o uso do chan turístico-residencial, sobre todo nas zonas mais achegadas a costa. Séguense mantendo os cultivos tradicionais de autoconsumo, tales como pataca, hortalizas, e en menor medida millo.
Etimoloxía
Seixo (do latín saxum, que significa 'rocha, pedra'). Polo que se chama Seixo a aqueles lugares enclavados en zonas pedregosas ou con algunha gran pedra destacada.
Demografía
A parroquia de Seixo é a terceira máis habitada do concello de Marín, tras Marín e San Xián.
Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 2.050 habitantes (1.027 homes e 1.023 mulleres), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 2.219 habitantes.
Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 1.967 habitantes, sendo 996 homes e 971 mulleres. Segundo o Instituto Nacional de Estadística no 2020 a poboación volve a descender contando con 1.888 habitantes.
Paraxes naturais
Seixo ten dous areais: a praia de Aguete, que conta cunha pequena cala, Mingotes, mais coñecida como praia dos Namorados, onde se pode practicar o nudismo dende fai mais de tres décadas, e a praia de Loira. No ano 2019 ambos areais contaron con Bandeira Azul.
A praia de Aguete remata naturalmente na Punta Chirleu onde actualmente se atopa o Club Nautico de Aguete e o peirao deportivo. Fronte a este, no seu lado occidental está o Con do Chirleu un illote rochoso con gran valor paisaxístico, a cal sofre o embate constante das ondas e ao que se achegan os pescadores da zona a faenar.
Xusto a continuación da Punta do Chirleu está a praia Niño do Corvo, unha pequena cala de difícil acceso, a cal só se pode chegar cando a marea está baixa.
Edificacións de interese
Entre as diferentes construción arquitectónicas que podemos atopar, destacan os Muíños que se atopan diseminados ao longo do Río Loira, Senda dos Muíños. Diferentes lavadoiros, entre o que destacan o Lavadoiro de Loira e o Lavadoiro de Soaxe
O Pazo do Chirleu foi construído polo corsario Juan Antonio Gago de Mendoza preto do actual porto deportivo de Aguete.
Historia
Foi creada en 1955 segregándose da de Santo Tomé de Piñeiro.
Festas e celebracións
San Brais (3 Febreiro)
Entroido (Desfile da Chirica) Organizado polo Grupo Cultural Ronsel (Febreiro ou marzo)
Tradición da Colocación das Xestas (30 Abril)
Festividade dos Maios (1 Maio)
Luminarias de San Xoán (23 Xuño)
Luminarias de San Pedro (9 Xuño)
Festas da Nosa Señora do Carme (16 Xulio)
Lugares de Seixo
Aguete, Bexe, A Brea, O Castro, O Con, Currás, Loira, Montecelo, Seixo, Soaxe, A Torre
MAPA
SÍGUENOS:
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901