IGREXA DE SAN XIÁN DE CAMPO
ABELAIRAS
CERDEDA
TABOADA
Igrexa de San Xián de Campo
Edificio realizado no século XII, que sufriu importantes reformas posteriores.
As capelas laterais son posteriores á fábrica románica. Os muros que a conforman son de perpiaño e tellado de tella a dúas augas.
A porta principal é de arco de medio punto con dúas arquivoltas de baquetón. Ten ademais decoración de bólas e axadrezado, con columnas con capiteis decorados. O frontis culmínao unha sinxela espadana de dous vans.
Ademais da igrexa no mesmo lugar atopamos a Casa do Camiñas, cuns interesantísimos esgrafiados recuperados, un cruceiro, un hórreo de pedra e madeira con curiosas esculturas e relevos, e máis un par de pombais; convertendo este lugar nun interesante conxunto etnográfico.
Abelairas
Abelairas é un lugar da parroquia de Cerdeda no concello lugués de Taboada na comarca de Chantada. Tiña 41 habitantes no ano 2010 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales 15 eran homes e 26 eran mulleres.
Lugares de Cerdeda
Abelairas, Airexe, Barreiro, Cal de Mourelle, Carboeiro, A Gaiola, Maxal, As Penas, O Penso, As Tabernas
Taboada
Taboada é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Chantada e á Ribeira Sacra. No 2020 contaba con 2.716 habitantes.
É unha porta natural á Ribeira Sacra: atópase no norte da comarca de Chantada, ao pé da serra do Faro e na beira occidental do encoro de Belesar sobre o río Miño. O seu xentilicio é «taboadés».
Xeografía
O concello de Taboada atópase no norte da comarca de Chantada, no suroeste da provincia de Lugo. Cunha extensión de 146,7 km², conta con máis de 200 núcleos de poboación repartidos entre 27 parroquias.
Limita ao norte con Portomarín, ao noroeste con Monterroso e Antas de Ulla, ao oeste con Rodeiro, ao sur con Chantada, e ao leste co Saviñao e Paradela. A vila de Taboada, capital municipal, atópase nunha planicie no centro xeográfico do concello, repartida entre as parroquias de San Tomé do Carballo e Bembibre.
O termo municipal esténdese dende a serra do Faro ata as beiras do río Miño. O punto máis alto é a cima do San Cristovo (818 m), preto de Monterroso, aínda que as parroquias máis occidentais, próximas á serra, acadan alturas de máis de 700 metros.
O río Toldao (que toma distintos nomes ao longo do seu percorrido) atravesa o concello de oeste a leste e o río Enviande marca o límite co concello de Chantada polo sur.
Predominan os bosques autóctonos de carballos e castiñeiros, así como zonas de labradío e de cultivo da vide nas ribeiras. Hai algunhas zonas onde medran piñeiros e, en menor medida, tamén se cultiva o eucalipto.
O concello pode adscribirse paisaxisticamente á da planicie luguesa, agás as zonas da ribeira miñota.
O concello de Taboada rexistra episodios sísmicos de forma relativamente frecuente, tendo como epicentro a parroquia de Mourulle, onde probabelmente existe unha falla.
Parroquias de Taboada
Ansar (Santo Estevo), Arxiz (San Paio), Bembibre (San Pedro), Bouzoa (San Xoán), Campo (San Xián), Carballo (San Tomé), Castelo (Santa María), Cerdeda (Santa Mariña), Cicillón (Santiago), Couto (San Martiño), Esperante (Santiago), Fradé (Santiago), Gondulfe (San Lourenzo), Insua (San Salvador), Mato (San Martiño), Meixonfrío (Santa Mariña), Moreda (Santa María), Mourulle (San Vicente), Piñeira (Santa María), San Xián de Insua (San Xián), Sobrecedo (Santiago), Taboada dos Freires (Santa María), A Torre (San Mamede), Vilameñe (Santa Mariña), Vilar de Cabalos (Santa Eulalia), Vilela (San Miguel), Xián (Santa María)
Comarca de Chantada
A comarca de Chantada, coñecida historicamente como Terra de Asma, é unha comarca galega situada na provincia de Lugo cuxa capital é Chantada.
Pertencen a ela os concellos de Carballedo, Chantada e Taboada.
MAPA
SÍGUENOS:
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901