jueves, 22 de julio de 2021

FERVENZA DE GOSOLFRE "DOUS" - RÍO DE COUTO - GOSOLFRE - CHACÍN - MAZARICOS

 FERVENZA DE GOSOLFRE "DOUS"

RÍO DE COUTO

GOSOLFRE

CHACÍN

MAZARICOS


 Chacín
     Santa Baia de Chacín é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Mazaricos.

     Segundo o IGE en 2018 tiña 612 habitantes (328 mulleres e 284 homes) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 875 habitantes.


Patrimonio
     Entre o seu patrimonio, destaca a capela de Santa Leocadia e San Brais. O templo, de planta cuadrangular cun pórtico no lado norte, foi construído na idade moderna, en pedra de cantaría con cuberta a dúas augas e unha espadana de ferro sen campá. Na fachada está a porta centrada no lenzo, unha pequena fiestra e unha bufarda.

      E tamén cabe salientar a Igrexa de Santa Baia de Chacín, inda que pechada ó culto dende o ano 1974, chegouse a celebrar unha misa mensual ata o ano 2000. É un templo de tres naves separadas por arcos que descansan en cimacios, por arcos de medio punto sobre columnas de sección octogonal, semellantes aos varais dos cruceiros.

     A capela maior ten planta rectangular e cóbrese con bóveda de canón de cantería apoiada nun arco faixón. No lado do evanxeo pégase a sacristía, tamén de planta rectangular con un único acceso desde o interior do presbiterio. Un grade arco triunfal da acceso a a gran nave, que se cobre con cimbros de madeira.

     Aos pés aparece un coro alto de madeira, hoxe en estado ruinoso. No exterior da fachada destaca pola súa composición asimétrica ao presentar no muro norte, dentro do mesmo plano que a fachada unha torre-campanario formada por dous corpos. o primeiro, de planta cadrada con arcos de medio punto sobre machóns achafranados e decorado con cornixas moi saíntes. O segundo corpo, tamén con catro vacíos, coróanse cunha cúpula semiesférica ornamentada cun pequeno acroterio con bola.

     A porta principal, alintelada, esta cuberta por un arco de medio punto que crea un tímpano no que se sitúa unha imaxe da santa titular. Os retablos, hoxe desmontados e gardados en espera de que algún día se poidan restaurar conxuntamente coa edificación pétrea, pertencen a segunda metade do XVIII e teñen a graza e a elegancia propia do rococó. Conserva o adro, o cemiterio e as ruínas da casa reitoral

     Na parroquia houbo un poboado castrexo, o castro da Pena dos Mouros.

     Preto da ermida de Santa Leocadia e San Brais, no bosque de Augabril, nace o río Nosiño, creando unha fervenza.

Lugares de Chacín
     Asenso, Chacín, Fontemourente, Gosolfre, Lamasapín, O Pino de Val, Santa Baia, Val, Vilariño de Chacín, Vioxo

Comarca do Xallas
     A comarca do Xallas é unha comarca galega situada na provincia da Coruña cuxa capital é Santa Comba.

     Pertencen a esta comarca os concellos de Mazaricos e Santa Comba. Ten 391,01 km² e no 2020 tiña 13.203 habitantes.

     Limita, ao norte, coas comarcas de Terra de Soneira e Bergantiños; ao leste, coas comarcas de Santiago, Ordes e A Barcala; ao sur, coas comarcas de Noia e Muros; e ao oeste, coa comarca de Fisterra.

     O seu xentilicio é xalleiro/xalleira. 

VIDEO

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

 


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901