IGREXA DE SAN XOÁN DE CAMBA
ABOLDRÓN
CAMBA
RODEIRO
Aboldrón
Aboldrón é un lugar da parroquia de San Xoán de Camba, no concello pontevedrés de Rodeiro, na comarca do Deza.
Segundo o INE, no 2008 tiña 15 habitantes (9 homes e 6 mulleres), o que supón unha diminución de 34 habitantes con respecto ao ano 2000.
Camba
San Xoán de Camba é unha parroquia que se localiza no concello de Rodeiro. Segundo o IGE en 2012 tiña 143 habitantes (74 homes e 69 mulleres), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 266 habitantes.
Patrimonio
Entre os edificios singulares da parroquia salienta o conxunto formado polo Pazo de Camba e a Igrexa de San Xoán de Camba propiedade dos Camba, familia nobre que tivo a orixe nesta parroquia no século XIII e que tivo gran protagonismo na Baixa Idade Media.
Lugares de San Xoán de Camba
Aboldrón, A Ermida, Fervenza, As Fontelas, Lamas, Lamazares, San Xoán de Camba, Vilameá, Vilanova
Rodeiro
Rodeiro é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Deza.
Segundo o IGE en 2015 tiña 2.700 habitantes.
Xeografía
Está situado no centro de Galicia, ao nordeste da provincia de Pontevedra, nas terras altas da dorsal galega. Ten 154,2 km², e conta con 146 entidades de poboación repartidas entre 20 parroquias.
Cara ao leste o concello está orientado á serra do Faro, con cumios de máis de 1.000 m de altitude.
Cara ao oeste, está o curso alto do río Arnego e o val de Camba, cunha altitude media entre os 600 e os 700 metros.
Historia
No ano 832 Afonso II cedeu a Salvador de Oviedo o goberno de varias igrexas da zona, aínda que baixo a autoridade do bispo de Lugo, para pagar o censo eclesiástico. Nesa época xa se coñece a zona como Terra de Camba.
A vila de Rodeiro naceu ao amparo dunha antiga fortaleza medieval, da que apenas quedan restos.
A Casa - Fortaleza de Camba aparece mencionada no século XIV no testamento de Andrés Sánchez de Gres, a quen lla legara seu tío Afonso Sánchez a condición de formar vínculo con ela.
En 1345 a fortaleza foi vendida por Alonso Suárez de Deza, "Churruchao", xunto con outras propiedades que a súa esposa, Maior Vázquez de Rodeiro, recibira do seu pai, Vasco de Rodeiro, e que foran concedidas polos reis Sancho IV de Castela e Fernando III. Logo de ser confiscada aos Churruchaos, pasou a ser o baluarte máis importante da mitra compostelá na bisbarra.
Parroquias de Rodeiro
Álceme (Santa María), Arnego (Santiago), Camba (San Xoán), Carboentes (Santo Estevo), Fafián (Santiago), Guillar (Santa María), Negrelos (San Cibrao), Pedroso (San Xiao), A Portela (San Cristovo), Río (Santa María), Riobó (San Miguel), Rodeiro (San Vicente), O Salto (Santo Estevo), San Cristovo do Az (San Cristovo), San Martiño de Asperelo (San Martiño), San Paio de Senra (San Paio), San Salvador de Camba (San Salvador), Santa Baia de Camba (Santa Baia), Santa Mariña de Pescoso (Santa Mariña), Vilela (Santa María)
MAPA
SÍGUENOS:
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901