MUIÑO DE PASAXE
REGO DE MACEIRA
A ESPERELA
SAN TOMÉ DE PIÑEIRO
San Tomé de Piñeiro
San Tomé de Piñeiro é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Marín na comarca do Morrazo.
Segundo o IGE no ano 2016 tiña 1059 habitantes (524 homes e 535 mulleres). A parroquia ten 12 entidades de poboación.
Patrimonio
A igrexa parroquial é románica, fundada no século XIII, ao parecer sobre os restos dun antigo mosteiro. Ten planta rectangular e conta cunha ábsida pentagonal. Na súa capela maior ten un retablo barroco de marcada influencia portuguesa.
A cabeceira poligonal aséntase sobre tres rebancos que leva en cada un dos catro vértices unha grosa columna sobre podio que chega até o beirado con capiteis case cúbicos e de basta labra de entrelazos. Esta estrutura columnaria define cinco panos. Nos tres centrais ábrese un ventanal de medio punto adoelado pero de arestas vivas que acolle unha seteira. Unha imposta de dupla moldura percorre os tres primeiros panos á altura dos peitorís das fiestras. Os canzorros son de proa de nave.
O interior ten un elegante arco triunfal, con dúas arquivoltas apuntadas de rosetas, a interior de aresta viva e a exterior de mediacana combinada con escocia e tetrapétalas trasdosada por chambrana xadrezada. Outro arco faixón apuntado axuda a soster a bóveda de canón. Os catro capiteis que sosteñen estes arcos son variados: un de entrelazos, outro de follasrematadas en espiral e os outros dous teñen esculpidos cadrúpedos alternados con homes ou anxos.
Tamén destaca o gran Pazo de Cadro a familia nobre de Romay, así como os muíños e a casa de Cultura.
Cultura
A comezos de outubro celébrase a Festa da mazá e a sidra de San Tomé de Piñeiro. Pola parroquia pasa a ruta de sendeirismo GR-59, que une o cabo Home coa desembocadura do río Loira.
Lugares de San Tomé de Piñeiro
Allariz, Cadrelo, Cernello, A Esperela, Fixón, O Igrexario, Miñán, O Pereiro, O Pozo, Silvestre, A Troncosa
Comarca do Morrazo
A comarca do Morrazo é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra. A cal pertencen os concellos de Bueu, Cangas, Marín e Moaña.
Limita ó norte coa ría de Pontevedra, ó leste coa comarca de Pontevedra, ó sur coa ría de Vigo e ó oeste co océano Atlántico. É a comarca máis pequena de Galicia (140,7 km², o 0,47% de Galicia).
Tiña 82 445 habitantes no 2018, e é unha das cinco máis densamente poboadas (585,96 hab/km²). É unha das comarcas naturais e sociolóxicas con máis carácter de Galiza polo seu condicionamento xeográfico.
A actual comarca administrativa correspóndese só cunha parte da comarca xeográfica e histórica, a Península do Morrazo, que abrangue tamén o concello de Vilaboa (agás a parroquia de Bértola e unha parte da de Figueirido, e o barrio de Paredes na parroquia de Vilaboa).
Tamén forma parte da península as parroquias pontevedresas de Lourizán e a maior parte da de Salcedo. Antigamente mesmo a propia cidade de Pontevedra estaba incluída no arciprestado do Morrazo.
O concello de Vilaboa, malia pertencer ó partido xudicial de Cangas, foi integrado na comarca de Pontevedra debido a factores de funcionalidade, e as parroquias pontevedresas de Salcedo e Lourizán por pertencer ó propio concello capitalino.
Nun principio tampouco se incluíu o concello de Marín, pero a petición dos seus habitantes, foi integrada na do Morrazo, á que pertence desde hai uns anos.
MAPA
SÍGUENOS:
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901