martes, 9 de enero de 2018

FERVENZA DE POZO MACHADO - XUNQUEIRAS - RÍO BARRAGAN

FERVENZA DE POZO MACHADO
SENDA DO BARRAGÁN
RÍO BARBANZA
XUNQUEIRAS
PAZOS DE BORBÉN


O Cabo de Raña
      O Cabo de Raña é un lugar da parroquia de Xunqueiras, no concello pontevedrés de Pazos de Borbén, na comarca de Vigo. 

 

     Segundo o IGE do 2008 tiña 31 habitantes o que supón un aumento no número de habitantes en relación ao ano 2007.


Xunqueiras
     San Salvador de Xunqueiras é unha parroquia que se localiza no concello de Pazos de Borbén. 



     Segundo o padrón municipal de 2014 tiña 130 habitantes (65 homes e 65 mulleres), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999, cando tiña 132 habitantes.


Lugares de Xunqueiras
     O Cabo de Raña, Casqueiros, A Chan, Eidos de Riba



Parroquias de Pazos de Borbén
     Amoedo (San Sadurniño), Borbén (Santiago), Cepeda (San Pedro), A Ermida (Nosa Señora da Anunciación), Moscoso (San Paio), Nespereira (San Martiño), Pazos (Santa María), Xunqueiras (San Salvador)



Pazos de Borbén
     Pazos de Borbén é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Vigo. 



     Segundo o padrón municipal, en 2014 tiña 3.075 habitantes. O seu xentilicio é «pacense».


Xeografía
     O concello, de 50 km², abrangue oito parroquias e limita cos concellos de Redondela, Fornelos de Montes, Soutomaior, Mondariz, Ponteareas e Mos.



     As augas do concello dan a tres concas: cara ao norte os ríos Barragán e Pequeno van dar ao Oitavén. Cara ao sur os ríos Borbén e Louro desembocan no río Miño. Cara ao oeste, o río Alvedosa desemboca en Redondela.



     O monte Galleiro (670 m) é o cumio máis elevado. Outros picos son o monte da Serra (616 m), A Pedra Quitiña (532 m) e o Outeiro do Mar (475 m).



Historia
     Durante o século XX houbo unha forte emigración cara a Sudamérica, especialmente a Brasil.



Economía
     Até a década de 1970 a economía do concello era basicamente de subsistencia, baseada na agricultura e a gandería. 



     Actualmente moita xente desprázase cara a Vigo, Redondela e Pontevedra, onde están as áreas industriais ou traballando no sector dos servizos.


     O Polígono Industrial A Chan de Amoedo acolle empresas de alimentación, artes gráficas, fabricación de colchones e construción.



Río Barragán
     O río Barragán ou río Freaza é un río afluente do Oitavén que forma o límite entre os concellos de Fornelos de Montes e Pazos de Borbén.



     O río Barragán e a súa fraga acollen un itinerario para senderismo pendente de homologación pola Federación Galega de Montañismo co número PR-G 164 Senda da Fraga do Barragán.



     Á parte dos atractivos que ofrece a fraga a as marxes do río Barragán, que ten, no treito final, antes do encoro de Eirás, un estreito val cun bosque de ribeira ben conservado, nesta senda cómpre salientar elementos etnográficos e culturais como as levadas, os muíños, os pasos ou pasales, as pontes e pontellas, muros de todo tipo, camiños enlousados e, especialmente, os restos do castro da Cidade.


 VIDEO
MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901