IGREXA DE SAN PEDRO
FRAMEÁN
MONTERROSO
LUGO
Obra Románica do século XII, que conserva a planta primitiva. A nave e a ábsida son de planta rectangular e os muros que a configuran son de cachotaría e cadeirado de granito, coa cuberta de tella a dúas augas.
Na ábsida consérvase unha ventá con arco de medio punto perfilado de baquetiña con gornición de axedrezado, que pola parte interior se abre con arco peraltado e bordo de bocel.
Consérvanse canecillos lisos e con decoración xeométrica tanto no exterior dos muros coma na nave. A portada principal, rematada cunha espadaña de dous vans, foi remodelada recentemente, substituíndo a de estilo románico.
Frameán
San Pedro de Frameán é unha parroquia do concello de Monterroso na comarca da Ulloa, na provincia de Lugo. No ano 2007 contaba con 107 habitantes, deles 55 eran homes e 52 eran mulleres, o que supón unha diminución de 9 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.
Lugares de Frameán
Frameán, Parteme de Baixo
Monterroso
Monterroso é un concello da provincia de Lugo, capital da Comarca da Ulloa. Segundo o INE en 2015) tiña 3.778 habitantes (1.880 homes e 1.898 mulleres). O seu xentilicio é monterrosino.
Poboación
Censo total 2015
3.778 habitantes
A denominación Monterroso non aparece ata mediados do século XII cando era o nome dun monte, e pasou a denominar a un asentamento humano. O documento máis antigo relacionado coa comarca é de 572 e refírese á confirmación da división da diocese lucense en doce condados.
O territorio de Monterroso abranguía a comarca da Ulloa e pasaría os seus límites ata á Terra de Melide e cara ao Miño.
No século XII, dentro do conflito entre Pedro Froilaz e o matrimonio real de Urraca de León e Afonso o Batallador, entrando este en Galicia e asediando ao Conde de Traba no castelo de Monterroso (o que hoxe é a torre de Penas) conseguindo vencer a seus rivais, pero poñéndose a mal o Batallador coa súa muller ao asasinar a un nobre amigo de Urraca que se refuxiara baixo seu manto.
A finais de 1920 comezou a editarse en Monterroso o periódico El Eco del Ulla, Órgano del Sindicato Católico Agrario de Monterroso.
En Monterroso hai un centro penitenciario para reclusos mozos, na Vacaloura, Penas, a seis quilómetros do centro da vila.
Parroquias de Monterroso
Arada (Santa María), Bidouredo (Santiago), O Bispo (Santa María), Cumbraos (San Martiño), Esporiz (San Miguel), Fente (San Martiño), Os Ferreiros (San Cibrao), Frameán (San Pedro), Fufín (San Martiño), Lavandelo (Santiago), Leborei (Santa María), Ligonde (Santiago), Lodoso (San Xoán), Marzán (Santa María), Milleirós (San Pedro), Novelúa (San Cristovo), Pedraza (Santa María), Penas (San Miguel), Pol (San Cibrao), Salgueiros (Santa María), San Breixo (San Salvador), Satrexas (Santa Eufemia), Sirgal (Santo André), Sucastro (Santa Mariña), Tarrío (Santa María), Valboa (San Salvador), Vilanova (San Pedro), Viloíde (San Cristovo)
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
Fuente: Concello de Monterroso
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901