IGREXA DE SANTO ESTEVO
CASTRO DE AMARANTE
ANTAS DE ULLA
LUGO
Santo Estevo do Castro de Amarante
Edificio de grandes dimensións, que foi totalmente reformado na primeira metade do século XIX. A planta é de nave rectangular, cunha capela pegada ao alzado esquerdo, e o presbiterio na cabeceira.
Os muros son de cachotaría e cadeirado de granito. Entre a nave e a capela lateral hai un arco con imposta moldurada, e entre o presbiterio un arco triunfal de medio punto O frontis, con portada alintelada, remátase cunha espadaña de dúas vans e ollo de boi.
Amarante é un lugar da parroquia de Santo Estevo do Castro de Amarante no concello lugués de Antas de Ulla na comarca da Ulloa.
Segundo o IGE, en 2011 contaba con 10 habitantes (6 homes e 4 mulleres).
Neste lugar está a Fortaleza de Castro de Amarante.
Lugares de Santo Estevo do Castro de Amarante
Amarante, O Castro, Chacín, Rececendes
Antas de Ulla
Antas de Ulla é un concello da provincia de Lugo, pertencente á Comarca da Ulloa.
Segundo o IGE, en 2014 tiña 2.152 habitantes (2.219 no 2012, 2.275 no 2011, 2.346 no 2010, 2.407 no 2009, 2.499 no 2008, 2.549 no 2007, 2.573 no 2006, 2.602 no 2005, 2.640 no 2004, 2.676 no 2003). O seu xentilicio é seoanés, ullán ou ullao.
Toponimia
O rexistro máis antigo do topónimo Antas nun documento en galego data de 1390. Trátase dun foro do arquivo de Vilar de Donas en que se fai referencia ao actual Antas de Ulla como Sayoane das Antas, forma abreviada de San Xoán das Antas. A forma moderna, Seoane das Antas, rexístrase por primeira vez en 1473, nunha relación de bens do Tumbo de Pergamiño de Oseira. Non se documenta nos textos medievais o topónimo Antas de Ulla, nome oficial do concello, da parroquia en que se atopa a súa capitalidade e de un dos lugares desa mesma parroquia.
Xeografía
O concello limita ao norte con Palas de Rei, ao sur con Taboada, ao oeste con Agolada e Rodeiro e ao leste con Monterroso. A capital municipal, do mesmo nome, dista 45 km da capital provincial, Lugo.
Do seu relevo, tendente á horizontalidade, destaca o monte Farelo, con 951 m de altura, e da súa hidrografía o río Ulla, que nace na parroquia de Olveda e conta con afluentes coma o Estanco, o Fadal, o Peizal, o Medeiros, o Peibás ou o Pequeno.
Demografía
Censo total 2014
2.152 habitantes
A economía da zona baséase principalmente no sector primario, agricultura e gandería.
O sector primario ocupa ó 60% da poboación. No sector gandeiro predomina a cabana vacún: a rubia galega para carne, e a raza frisoa na produción leiteira.
Os produtos elaborados máis coñecidos de Antas son:
O pan de Antas
O queixo da Ulloa
A carne
Ademais de ovos, castañas, cogomelos, espárragos e outros produtos da terra.
Parroquias de Antas de Ulla
Agüela (San Mamede), Alvidrón (Santa María), Amoexa (Santiago), Antas de Ulla (San Xoán), Árbol (Santalla), Arcos (Santa María), Areas (Santa Cristina), Barreiro (San Cibrao), Casa de Naia (Santa María), A Cervela (San Miguel), Cibreiro (San Miguel), Cutián (San Xoán), Dorra (Santiago), Facha (San Xiao), Olveda (Santa María), Peibás (San Lourenzo), Queixeiro (San Pedro), Reboredo (Santiago), O Rial (Santo André), San Fiz de Amarante (San Fiz), San Martiño de Amarante (San Martiño), Santa Mariña do Castro de Amarante (Santa Mariña), Santiso (Santalla), Santo Estevo do Castro de Amarante (Santo Estevo), Senande (San Miguel), Terra Chá (San Xurxo), Vilanuñe (San Salvador), Vilapoupre (San Martiño)
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901