miércoles, 10 de septiembre de 2014

CAPELA DE SAN CAETANO - LALIN

 CAPELA DE SAN CAETANO
SOUTOLONGO
LALÍN


 Lalín
     A vila de Lalín, capital do municipio e cabeceira da Comarca de Deza, constitúe un punto de referencia dentro do mapa de comunicacións de Galicia. 


     Precisamente, esta situación privilexiada no centro da comunidade autónoma contribuíu nos últimos anos ó seu despegue como centro comercial e de servizos dunha ampla zona gandeira. 


     Así, a pesares de que en 1960 a vila non era máis que un pequeno núcleo de poboación, formado por varias reas de edificacións ó longo das estradas Ourense-Santiago e Lugo-Pontevedra, na actualidade xa acolle a 8.338 veciños. 


     Unhas das sinais de identidade da vila de Lalín é a igrexa parroquial, que comezou a ser construída no ano 1888 sendo alcalde Benito Calviño e que quedou rematada en 1915. 


     Nas súas inmediacións atópase o monumento erixido polo pobo lalinense ó célebre astrónomo e matemático Ramón María Aller. A obra, do escultor Asorey, loce na súa base a lenda "ciencia, humildad y virtud", que resume a vida deste fillo ilustre de Lalín. Tamén de Asorey é o monumento ó aviador Joaquín Loriga, situado no Parque de Loriga, que foi inaugurado no ano 1933 e que representa un avión chantado na terra a modo de cruz latina, xunto coa figura do aviador e dúas mans estreitadas, simbolizando a unión entre os pobos de España e Filipinas -perpetuando así a xesta do ilustre lalinense-. 


     Por outra banda, a vila de Lalín ofrécelle ós seus veciños na actualidade tódolos servizos que se poden atopar nunha grande cidade, tanto no eido sanitario, como no educativo, deportivo, lúdico ou cultural. 


     Esta ampla oferta amosa que a pequena vila de Lalín está inmersa nunha profunda metamorfose que está a convertela xa na gran capitalidade do interior de Galicia.



Soutolongo
     Esta parroquia aparece citada como "saltum longum" nunha doazón feita á igrexa de Compostela no 1108 e crese que xa por entón tiñan aquí o seu castelo residencia os señores de Arias do Deza; o pazo de Des, e outras varias casonas confirmarían máis tarde a tradición fidalga de Soutolongo. 



     O pazo de Des, o mellor conservado do municipio, ocupa unha superficie de 1.000 metros cadrados sobre un solar do século XV. No conxunto arquitectónico destaca o edificio central de 3 corpos de corte neoclásico. Mandou construír Francisco Gil Taboada, Virrey do Perú e Director Xeral da Armada. 


     A igrexa parroquial é dun sobrio barroco, no seu interior hai 2 sepulcros pegados e outros dous con estatuas xacentes correspondentes ós señores de Des, no muro exterior pódese ver o seu escudo e seus retratos murais na sancristía. Outras casonas fidalgas dignas de mención soa a de Viñoa e a dos Infanzóns, na que naceu Benito Varela Jácome.

MAPA
Fonte: A Comarca do Deza. Armando Vázquez Crespo e Daniel González Alén
XOAN ARCO DA VELLA



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901