jueves, 18 de septiembre de 2014

IGLESIA DE ASMA - CHANTADA

 IGLESIA DE ASMA
CHANTADA
LUGO


 San Salvador de Asma
      Edificio construído no século XII,y que sufriu reformas no XVI. A nave é rectangular co presbiterio pegado. A ábsida é heptagonal no interior e semicircular no exterior. 


     A obra foi realizada en cadeirado e cachotaría de granito e está cuberta de tella a dúas augas na nave e a tres no presbiterio. 


     Oculta por un retablo hai unha porta tapiada con arco de medio punto e arquivolta tórica, con moldura, billetes, capiteis zoomorfos e tímpano decorado con dous dragóns cos colos entrelazados. 


     A ábsida iníciase con arco triunfal de acceso, de medio punto, con filetes afundidos no intradorso, e imposta con billestes. 


     A ábsida ten ventás nos tramos que se separan por columnas pegadas, con arquivoltas de baquetón, molduras axedrezadas e capiteis de decoración zoomorfa e vexetal. 


     Conserva no tellado algúns canecillos con decoración variada, e unha espadana de dous vans.



Chantada
     Chantada,  e un escaparate dende o que dar a coñecer a Ribeira Sacra e a súa Vila e a hospitalidade dos seus habitantes, o seu casco histórico, a súa paisaxe, asombrarse coa maxestosidade da Ribeira Sacra, que modelada ó longo dos séculos, ofrécenos os saborosos caldos cos que nos podemos deleitar, especialmente na Feira do Viño onde se citan e dan a coñecer os produtores destes viños mencía.



     Chantada tamén ten numerosos monumentos do Románico que se poden visitar facendo calquera das rutas turísticas que están á disposición do visitante.



     Quen se achegue a Chantada no mes de febreiro poderá descubrir a singularidade e vistosidade do ancestral Entroido Ribeirao, cos seus volantes e peliqueiros...



     Tamén poderá o visitante percorrer o chamado Camiño de Inverno, tramo do camiño de Santiago que ó seu paso por Chantada discorre por unha antiga calzada romana, no fermoso pobo de Belesar.



     En definitiva, en Chantada hai moito que descubrir...


     Chantada é a capital e o principal núcleo do Partido Xudicial e centro da bisbarra á que lle da o seu nome. Está integrada polos municipios de Carballedo, Taboada e Chantada. Esténdese aproximadamente entre os 42º 41' e os 42º 31' latitude Norte e entre os 7º 54' e  os 7º 40' lonxitude Oeste. Ao Norte limita coas comarcas da Ulloa (concello de Monterroso) e Portomarín. Ao Sur con A Peroxa e Vilamarín (Ourense). Ao Leste coas terras de Lemos (concellos de Saviñao e Ferreira de Pantón) e Sarria (Paradela). E ao Oeste coas bisbarras da Ulloa (Antas de Ulla), Deza (Rodeiro, na provincia de Pontevedra) e Carballedo (San Cristovo de Cea, na de Ourense).



     Na súa paisaxe diversificada diferenciamos 3 unidades morfolóxicas: ao Oeste la Serra do Faro, ao Leste a ribeira do Miño e, no centro a chaira (483 m.) , que abrangue a maior parte do termo municipal.



     A Serra do Faro (1.187 m.), con disposición Norte-Sur, que fai as veces de liña divisoria de augas e de límite provincial, formouse sobre un bloque de granito e xisto, cortado po faias e modelado pola erosión fluvial. Ó sur, nas estribacións da mesma, atópase o Alto de Vales. O cume do faro ofrécenos unha gran panorámica dos concellos limítrofes, e mesmo do Pico Sacro, dos montes do Courel ou dos Ancares se o día está claro.




     A rede fluvial, posúe unha disposición Norte-Sur, debuxando vales encaixados de fortes pendentes e grandes desniveis formando socalcos aproveitados para a explotación vitícola. A rede fluvial secundarias está formada por numerosos ríos e regatos entre os que destacan: o Asma, Lameiro, Enviade e o Camporramiro.



     O clima ten un marcado carácter húmido e continental e, pese á pantalla pluviométrica que supoñen os sistemas montañosos, as precipitacións superan os 1.200 mm./anuais. Os invernos son suaves e os veráns calorosos con tendencia á sequidade, oscilando as temperaturas entre os 19' 5 ºC da máxima e os 6' 3 ºC da mínima. 



     Nas serras, as condicións climáticas son máis extremas. En canto á vexetación abundan as especies autóctonas tales como castiñeiros e carballos e nas áreas máis elevadas, o mato.


     Este medio natural, entre montes e ribeiras da acubillo a multitude de especies de fauna, como son: xabarís, lobos, raposos, corzos, coellos, lebres, perdices, aves insectívoras, paspallás, ratos, lagartixas, ourizos ou morcegos.

MAPA
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901