MORAIMA CAIÑO
PAZO DA CREGA
BARRO
En palabras de Roberto Rivas, Vicepresidente da cooperativa, a elaboración dun caíño era unha débeda pendente con Barro, onde tradicionalmente foi o viño máis recoñecido pola súa calidade, e a necesidade dun delicado cultivo e posterior vinificación.
A presentación foi no Pazo da Crega, en San Antoniño, Barro (Pontevedra) a un quilómetro da sede da adega, onde Roberto Taibo e Cristina Yagüe, enólogos responsables da elaboración, explicarán o proceso de xestación do primeiro tinto de Viña Moraima.
A recoñecida sumiller afincada en Lugo, Mercedes González, realizou unha cata comentada que pudo ser seguida por todos os asistentes á degustación.
Os socios quixeron compartir este importante fito na súa pequena, mais intensa, historia como cooperativa, con hostaleiros, distribuidores e diversos cargos públicos.
Seguindo coa ampla presenza en medios sociais da adega, o evento foi seguido tanto nas súas contas oficiais, como na dos blogueiros convidados ao evento, coa etiqueta #MoraimaCaíño.
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901