O MILLO
ZEA MAYS
ZEA MAYS
O millo ou maínzo (Zea mays) é unha planta gramínea anual e na mesma planta (monoica) atópanse as súas inflorescencias masculinas (nos extremos terminais) e femininas (nas vaíñas axilares). Ten un crecemento rápido, chegando aos 2,5 metros de altura nun ano, que é a súa quenda de colleita. As follas teñen forma alongada saíndo do talo cun lixeiro ángulo e coa punta caída cara abaixo. As mazarocas están cubertas por filas de grans.
A especie forma parte do xénero Zea, que non ten conxéneres achegados. As flores masculinas e femininas (estas nun eixo esponxoso chamado zuro ou olote)
aparecen en inflorescencias separadas pero dentro do mesmo pé. Esta
característica permite a obtención do millo híbrido, hoxe en día tan
estendido. É tal a variabilidade do gran verbo da forma e cor, na
mazaroca ou na mesma planta, que aínda non se acadou a clasificación
científica de tódalas súas variedades. Ademais da híbrida, as
variedades máis importantes son "dente marelo", "Krug" e "dentalla
marela de Reid".
Todo parece indicar que a cultura do millo comezase onde hoxe se localizan México e América Central
hai millares de anos. O seu nome, de orixe indíxena caribeña,
significa “sustento da vida”. Alimentación básica de varias
civilizacións importantes ao longo dos séculos, os Maias, Aztecas e Incas reverenciaban o cereal na arte e relixión. Gran parte de súas actividades diarias estaban ligadas ao seu cultivo.
O millo era plantado por indios americanos nos montes, usando un
sistema complexo que variaba a especie plantada de acordo co seu uso.
Ese método foi substituído por plantacións dunha única especie.
Coas grandes navegacións do século XVI e o inicio do proceso de colonización da América, a cultura do millo expandiuse cara outras partes do mundo. A súa orixe está entón en América, e foi traída a Europa por Cristóbal Colón en 1492. A primeira referencia do seu cultivo en Galiza data de 1610, na zona do Barbanza. O seu cultivo é fundamental na zona setentrional dos Balcáns, no sur de Rusia e en Sudáfrica. En España é o cultivo típico da zona húmida e en América os maiores focos encóntranse en Estados Unidos (no chamado Corn belt, o cinto do millo) e Arxentina. Hoxe é cultivado e consumido en todos os continentes e a súa produción só é menor que a de trigo e a do arroz.
No Brasil, o cultivo do millo vén desde antes da chegada dos europeos. Os indios, principalmente os guaranís, tiñan o cereal como o principal ingrediente da súa dieta. Coa chegada dos portugueses, o consumo aumentou e novos produtos a base de millo foron incorporados aos hábitos alimentarios dos brasileiros.
O cultivo de millo na forma ancestral continua a praticarse na América
do Sur, nomeadamente en rexións pouco desenvolvidas, no sistema
coñecido no Brasil como de rozas.
No final da década de 1950,
grazas a unha gran campaña a favor do trigo, o cereal comezou a perder
espazo na mesa brasileira. Actualmente, aínda que o nivel de consumo
do millo no Brasil veña crecendo, ainda está lonxe de ser comparado a
países como México e aos da rexión do Caribe.
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901